O Concello esgrime razóns ambientais contra a prórroga da AAI de Elnosa

11
  • A nova planta que terían que construír incrementaría de xeito significativo as emisións á atmosfera e os verquidos
  • A información dada pola empresa reflicte o rebase dos límites de parámetros recollidos na autorización ambiental: sólidos en suspensión, nitróxeno e fósforo 
  • Sitúa o punto de verquido na ría, polo que o Concello esixe que Elnosa aclare se é un erro e onde botan os efluentes
  1. O Concello de Pontevedra presentará unha ampla alegación contraria a solicitude de revisión (prórroga) da autorización ambiental integrada (AAI) outorgada á mercantil Electroquímica del Noroeste SAU (Elnosa) para a fábrica de cloro-alcalí en Lourizán. Argumentos de índole urbanístico e ambientais, entre outros, están detrás do rexeitamento a permaneza desta industria ao carón da ría. Un obxectivo que procura a clorera que, en principio, ten que pechar as portas en decembro deste ano. 

    A concelleira de Disciplina Urbanística, Carme da Silva, deu conta da alegación argumentada polos servizos técnicos municipais á Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente que será remitida a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio nos próximos dias. O prazo de alegacións remata o 1 de setembro.

    Segundo explicou a concelleira e alcaldesa accidental, Carme da Silva, a parte máis substancial do proxecto que presenta Elnosa é a de carácter ambiental “e entendese por parte dos técnicos municipais que precisa, ademais do informe urbanístico, o informe de avaliación de impacto ambiental”. Lembra que a lei 21/201, de 9 de decembro, recolle expresamente que é precisa unha avaliación ambiental “cando se dan unha serie de circunstancias: se hai un incremento significativo das emisións á atmosfera, se hai un incremento significativo de vertidos a canle público, se hai un incremento significativo de xeración de verquidos e se hai un incremento significativo da utilización de recursos naturais”.

    Carme da Silva explica que segundo o o proxecto de nova planta que presenta Elnosa se vai a producir un incremento da captación de auga do río Lérez de 200.000 metros cúbicos ao ano ata 300.000 “é un incremento de 100.000 metros cúbicos/ano é un incremento significativo e polo tanto precisaría dun informe de avaliación de impacto medio ambiental.”

    Ademais, fase constar no informe ambiental municipal, no Concello de Pontevedra “non consta concesión algunha” a Elnosa para o aproveitamento (captación) de auga do río Lérez. Están rexistradas a concesión do Concello (abastecemento de auga), a de Ence e unha de Tafisa. Sobre esta situación -eses 200.000 metros que queiran pasar a 300.000- “terá que dicir algo Augas de Galiza, si existe ou non autorización e en que condicións” apunta a concelleira Carme da Silva.

    Por outra banda o proxecto de Elnosa recolle un incremento moi significativo dos verquidos á ría. A fábrica di que agora ten unha autorización de vertedura de 55.000 metros cúbicos anuais, que van pasar a 100.000. “Falamos dun incremento do 100%” subliña a alcaldesa accidental, quen engade que “ademais non nos consta onde verten porque segundo os datos facilitados pola propia empresa, as coordenadas xeográficos do vertido de Elnosa sitúano na ría. Non se corresponde nin coa EDAR, nin co emisario, nin con nada…. A empresa terá que aclarar onde van os seus verquidos”.

    Elnosa tamén un consumo de 1.300 metros cúbicos ao ano de auga sanitaria que din que son enviados a EDAR pero no consta no Concello como se fai esa emisión, onde conecta coa EDAR.

    Por último, Carme da Silva sinala aos parámetros de emisión facilitados pola propia Elnosa -valores medios, non mínimos e máximos polo que hai picos moi superiores- para apuntar unha nova razón que fai inviable a revisión da AAI pois incumpren en tres casos, os límites legais: sólidos en suspensión, nitróxeno e fósforo

    PARÁMETRO VALOR MRDIO ANUAL VALOR LÍMITE EMSIÓN (S/proxecto)

    DQO

    30-100 mg/l

    250mg/l

    SS (Sólidos en suspension)

    5-35 mg/l

    35 mg/l

    N (Nitróxeno)

    5-25 mg/l

    15 mg/l

    P (Fósforo)

    0,5-3 mg/l

    2 mg/l

    Informe Elnosa