Axudas para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade. Convocatoria 2017.

646

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

Bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares. Ver

Prazo para presentar as solicitudes: 05/09/2017 – 02/11/2017

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

A instalación de ascensores, de elevadores, de salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares que carezcan deles.

Non serán obxecto de subvención as actuacións que se iniciasen antes da data de presentación de solicitudes.

BENEFICIARIOS

As comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.


Sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal

COMPARTIR