O Concello reforza o seu cadro de persoal cubrindo todas as vacantes

2382

    • Ofertaranse 44 prazas, a maior parte, da Brigada de Obras, o que supón o reforzo dos traballos relacionados co mantemento dos espazos e edificios públicos.
    • Esta oferta cubrirase ao longo de dous anos, e suporá o 9% dos postos de traballo do Concello.

O Concello de Pontevedra acaba de aprobar a vindeira Oferta de Emprego Público na que se convocan 44 novas prazas, o que supón cubrir a maior parte das vacantes da Relación de Postos de Traballo do Concello. Para o portavoz do Goberno, Raimundo González trátase “dunha oferta potente, tendo en conta as circunstancias legais actuais xa que a Lei de orzamentos non permite cubrir todas as vacantes”, pero que no caso de Pontevedra dispón dos informes técnicos favorables.

As 44 prazas supón arredor do 9% do cadro de persoal municipal. Os postos de traballo que se ofertan son:

    • 7 Administrativos
    • 3 Auxiliares
    • 2 subalternos
    • 2 enxeñeiros informáticos
    • 1 enxeñeiro de obras públicas
    • 1 animador sociocultural
    • 3 oficiais de Policía
    • 5 Policías
    • 1 técnico de sinalización
    • 1 mestre electricista
    • 2 oficiais electricistas
    • 1 sepultureiro
    • 2 condutores
    • 11 operarios

O portavoz do Goberno destacou a importancia que se dá nesta oferta de emprego aos postos encargados do mantemento dos espazos e edificios públicos. De feito, 21 das prazas son para completar os servizos das Brigadas municipais.

O proceso de oposición, que comezou esta semana coa aprobación por parte da Xunta de Goberno desta Oferta de Emprego, terá unha duración estimada de dous anos. O portavoz do Goberno confía en que neste mesmo ano poidan comezar a convocatoria dalgunha das prazas.

Tamén está pendente de negociar coa Xunta de persoal do Concello aquelas prazas que sairán por concurso libre e cales de promoción interna. Pero xa se pode adiantar que serán quendas libres as de subalternos, enxeñeiros informáticos, policías ou operarios, é dicir, polo menos, o 50% da convocatoria é libre.

COMPARTIR