Os concellos dan por rematado o proxecto do novo abastecemento da ría

25

O Concello celebrou esta mañá a última comisión de seguimento das obras de abastecemento de Pontevedra e a súa ría que comezou no que se deu por pechada esta actuación que permite mellorar e ampliar a rede de abastecemento aos núcleos urbanos da ría de Pontevedra. Tratouse dunha oportunidade única, aproveitando unha axuda de fondos europeos, xa que na nova liña de subvencións, a Unión Europea non destina fondos para este fin.

O proxecto comezou no ano 2009 coa sinatura dun convenio entre os concellos de Pontevedra,  Poio e Sanxenxo e Acuaes para mellorar toda a rede e redimensionar as infraestruturas de auga na marxe dereita da ría. No ano 2011 os concellos de Vilaboa e de Marín solicitan adherirse a este convenio que se asina, finalmente, en decembro de 2012.

Neste tempo cun investimento de 33 millóns de euros, executáronse 7 depósitos de almacenamento de auga para arredor de 30.000 litros cúbicos de auga; 47 quilómetros de novas conducións entre os cinco concellos, e a ampliación da estación potabilizadora.

Dos 33 millóns, 18,9 achégaos a fondo perdido a Unión Europea; 7,5 millóns Acuaes que reclamará aos concellos nun prazo de 45 anos, e 6,5 millóns o achegaron os concellos de fondos propios.

Neste momento, xa está en marcha toda a rede da marxe dereita da ría, e está pendente que entre en funcionamento a marxe esquerda: Pontevedra-Marín-Vilaboa, que segundo o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, farase de seguido, especialmente ante a urxencia do Concello de Marín.