Pre-inscrición nas Escolas Deportivas Municipais: presencial, on line e sen colas

1503
  • Os clubs de Pontevedra ofertan 2.500 prazas en 21 disciplinas para as Escolas Deportivas Municipais
  • Coa pre-inscrición non se adxudica praza, non hai prioridade de acceso
  • Cando a demanda supere a oferta nalgún deporte, farase un sorteo das prazas

Co fin de axilizar e mellorar a matriculación dos nenos e nenas nas Escolas Deportivas Municipais ponse en marha un novo procedemento de pre-inscrición. O Servizo Municipal de Deportes leva tempo traballando nelo e co novo sistema agarda evitar as molestias derivadas das largas colas, sobre todo o primeiro e segundo día, e garantir a igualdade de oportunidade dos solicitantes.

Por vez primeira vez os demandantes poderán solicitar a praza de xeito presencial ou por Internet. E tamén por primeira hai pre-inscrición e non hai prioridade de acceso, o mesme ten que a pre-inscrición se faga o primeiro día que o último pois cando a demanda supere a oferta farase o sorteo das prazas. No prazo de pre-inscrición non se adxudica a praza.

Os clubs de Pontevedra ofertan arredor de 2.500 prazas distribuidas en 21 disciplinas para o curso Escolas Deportivas Municipais 2017-2018. Incorporáse como novidade: padel, escalada deportiva e orientación deportiva.

Nesta nova fase na matriculación nas Escolas Deportivas Municipais 2017 – 2018 de “pre- inscrición” non haberá que presentar ningunha documentación persoal agás o formulario oficial totalmente cuberto, pero nin DNI, nin seguros, nin pagos en bancos, nin nada de nada, agás o formulario oficial.

Das 2.488 prazas ofertadas, todas subvencionadas, 1.578 son oferta pública e 910 son de xestión directa dos club para garantir a continuidade -segundo os criterios do club- dos nenos e nenas que comezaron o pasado ano a iniciación do deporte elixido.

Os deportes ofertados son os seguintes: Atletismo, tríatlon, baloncesto, rugby, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima, tenis, tenis de mesa, padel, escalada deportiva, orientación, judo, loita olímpica, taekwondo, ximnasia, ximnasia rítmica, ximnasia acrobático/trampolín e xadrez.

Actividades EDM 2017 – 2018

Procedemento de inscrición nas EDM 17-18

 

COMPARTIR