Aposta pola compostaxe, sae a concurso o subministro de 8.000 composteiros individuais

104
  • Os destinatarios serán todas as vivendas unifamiliares, urbanas e rurais, que teñan horta
  • O importe do contrato é de 842.160 euros, o custe por composteiro é de 87 euros mais IVE
  • Agárdase comezar o despregue a principios do próximo ano

A aposta pola compostaxe, póla implantación dun sistema alternativo de xestión recollida de lixo, da un salientable paso adiante. A Xunta de Goberno local aprobou hoxe sacar a licitación o contrato para o subministro de composteiros individuais, cuxo despregue quérese comezar a facer coa entrada do novo ano.

O portavoz municipal do Goberno local, Raimundo González Carballo, informou que o contrato ten previsto o subministro de 8.000 composteiros, con kits de aireación incluídos, e un importe de 842.160 euros. Cada composteiro terá un custe de 87 euros máis IVE.

Estes composteiros individuais serán distribuídos en “todas as vivendas unifamiliares do concello, tanto urbanas como rurais que teñan horta”.

O contrato de prestación do subministro, e dicir a entrega dos composteiros, terá unha duración máxima de dous anos. Unha vez adxudicado o proxecto, explicou Raimundo González, “comezaría o despregue parroquia a parroquia, barrio a barrio, casa a casa”, ademais a cada usuario daráselle unha explicación sobre o funcionamento do composteiro e a posteriori haberá un seguimento co fin de avaliar, e corrixir se fose preciso, o desenvolvemento do novo sistema de xestión de residuos orgánicos.

“Facemos unha aposta moi importante para que toda a veciñanza poda facer o seu compost” subliña o portavoz do Goberno local, Raimundo González, que lembra que unha vez implantada a rede de composteiros non haberá recollida de residuos orgánicas nas áreas do despregue

González Carballo agarda que a principios do próximo ano estea adxudicado o contrato de subministro e comece o despregue de composteiros individuais. Trabállase dende xa con este horizonte. “Xa se está falando coas parroquias, cos veciños e veciñas, para cando chegue o día ter todo programado”. Inda por pechar calendarios, en principio, serían as parroquias do norte do concello (as do antigo concello de Xeve) as primeiras en recibir os composteiros o que poderíase simultanear con algunha parroquiacomo poderían ser Tomeza ou Ponte Sampaio, máis está por ver.