Calidade e variedade nunha nova edición de Ponteatro

201

 

  • 6 xoves de teatro e 2 Venres Golgfos compoñen o programa
  • As entradas e abonos están xá á venda em Ataquilla.com
  • A Deputación de Pontevedra participa por primeira vez financiando dous pases escolares

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou a que será a 5ª edición de Ponteatro. O ciclo consolidado que ten lugar no Teatro Principal e é unha escolma dos mellores e máis representativos espectáculos teatrais do noso país, seleccionados a través da Rede Galega de Teatro.

Logo de presentar aos medios a creatividade do cartel ‘no que cada edición se escolle un gravado dunha estampa de teatro. Como vén sendo habitual, abriremos nos próximos días en redes o concurso para adivinar que parella é a representada no deste ano e gañar entradas de balde’ a concelleira destacou a variedade e calidade dos 8 espectáculos que compoñen o ciclo: “Dende o máis contemporáneo representado en Calypso de Voadora ao máis clásico en A cabeza do dragón de Excéntricas”. De este espectáculo, ademais do pase aberto para público en xeral, haberá dous pases matinais concertados con escolares financiados pola Deputación de Pontevedra.

O ciclo, que Carme agarda manteña a habitual fidelidade do público, botará a andar o 5 de outubro con ‘Voaxa e Carmín’ de Butaca Zero e chegará ata o 14 de decembro. A concelleira manifestou a intención de seguir programando nesta liña e “darlle visibilidade e apoio á produción galeda de artes escénicas que está a ser gloriosa”

Venda Anticipada xa en Ataquilla.com e no caso de non esgotarse, 1h antes do inicio de cada espectáculo no Principal. Prezos entradas 8€/función – 4 para estudantes,parados e xubiladosAbono 8 funcións 48€ – 32€ para estudantes, parados e xubilados.

  • 5out. ‘Voaxa e Carmín’ de Butaca Zero ás 21h

Voaxa e Carmín, interpretada por Mabel Rivera e Belén Constenla, é unha proposta de teatro de actrices que parte dun texto que mestura o popular co contemporáneo cunha escenificación que nos amosa unha Compostela virtual, deseñada por Roi Fernández (Sr.Pause) pola que pasean as personaxes.

Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. Son moitas as persoas que día a día se fotografan coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais……saben todos eles a crúa historia que hai detrás delas?

Voaxa e Carmín nace para lles dar voz a estas estatuas silenciadas.

 

  • 26out. ‘Acabeza de dragón’ de Excéntricas ás 21h. (Escolares o 25 e 26 ás 11:30h financiados pola Deputacion)

Producións Teatrais Excéntricas presentan unha produción teatral de Valle-Inclán traída ao galego, que estará dirixida por Quico Cadaval.

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino…

Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño ao Mérito nas Artes Escénicas (MIT Rivadabia)

Un espectáculo de medio formato con 8 intérpretes, entre os que estarán Iván Marcos, Víctor Mosqueira ou Patricia Vázquez

 

  • 27out. ‘Desconexión’ de Xurxo Cortázar (Venres Golfo) ás 23:59h

Obra de Xurxo Cortázar dirixida por Santi Cortegoso, un texto cómico e ácido que, en escena, aparece acompañado de música, de crítica, de acción e dun ambiente urbano. O personaxe vive conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns.  A versión definitiva do texto foi elaborándose a través do traballo creativo que o director e o actor estableceron nos ensaios, realizados no Pazo da Cultura.

 

  • 9nov. ‘Elisa e Manuela’ de A Panadaría ás 21h. coprodución co Centro Dramático Galego

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña.

Para conseguir enganar ao cura e facer o cial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores suce- sos que envolven a súa historia convírtenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da Historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas. Actrices creadoras: Areta Bolado,  Noelia Castro e Ailén Kendelman

 

  • 16nov. ‘A noiva de D. Quixote’ de EME2 ás 21h. ( + pase escolar ás 11:30)

Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha.

Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó no que se rebela contra a personaxe que Cervantes lle atribuíu na novela. Con humor, con ironía, con emoción e con descrenza, desvela algúns insospeitados acontecementos que non aparecen no Quixote, en especial a misteriosa historia de amor entre unha pastora que lle murmura ás ovellas e un fidalgo que le novelas de cabalarías.

Pero talvez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza….

 

  • 24nov. ‘Calypso’ de Voadora (Venres Golfo) ás 23:59h

Voadora elabora nesta ocasión o escenario dunha gran despedida, elegante e extravagante.A fin dun sistema. Das relacións tal e como as entendiamos ata o momento, da intimidade ou da arte, fronte á perspectiva dun abismo descoñecido, ao que se enfrontan con curiosidade.

 

  • 7dec. ‘Resaca’ de Ilmaquinario Teatro ás 21h.

Resaca é a terceira montaxe de ilMaquinario Teatro, despois do éxito de O Home Almofada (2012) e Perplexo (2014). Tras estes dous espectáculos creados a partir de obras de autores estranxeiros, a compañía quere apostar por unha dramaturxia de creación colectiva achegada ás premisas do teatro documental. Foi estreada en galego en Xaneiro de 2017 no Auditorio Municipal de Ourense. A versión en castelán foi estreada en San Sebastián, no marco da Feira de Teatro de Euskadi. En Maio de 2017 estrease a nivel internacional, no festival CHANTIERS D´EUROPE no THÉÂTRE DES ABBESSES.

Espectáculo multidisciplinar que sitúa a acción no verán de 2016, no que cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex.

Unha morea de cadernos, centos de pensamentos, conversas, fotos, vinilos, casetes e obxectos diversos son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles e delas…

  • 14dec. ‘A canción do elefante’ de Redrum ás 21h.

Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos  elefantes. A pesar das advertencias da

enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

Un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o seu desenlace con Ernesto Chao, Susana Dans e Guillermo Carbajo