O Concello presenta as Federacións de Veciños os 41 millóns en obras nos que se está a traballar

50

Comeza xa un segundo ciclo de proxectos para os que o Concello solicitará a opinión dos veciños

O concelleiro de Obras e Mobilidde, Demetrio Gómez convidou as tres Federacións de Asociacións de veciños do Concello a manter unha reunión para informarlles do plan de obras municipais que están en execución, en tramitación ou en redacción nestes momentos no municipio, e tamén para entregarlles información dos proxectos máis representativos de todas elas.

Sobre o Plan de obras, o concelleiro Demetrio Gómez destacou na xuntanza mantida esta tarde, a que acudiu a Federación Castelao, que o Concello está a traballar en proxectos cunha contía de máis de 41 millóns de euros de distinta índole: mellora da calidade urbana, seguranza viaria, autonomía para as crianzas, centros sociais, saneamento, xardíns, deportes…

“Sen dúbida, é o momento da historia do Concello cunha transformación máis intensa e con maior número de proxectos en marcha, e probablemente cunha dotación económica maior”, asegurou. “Estamos quitándolle o máximo rendemento posible ao modelo Pontevedra, e pode ser porque a maquinaria económica, técnica e administrativa do Concello fai posible esta carteira de proxectos”, concluíu Demetrio Gómez.

Paralelamente existe o proceso de participación social que xa se ten feito con carácter sectorial en distintos proxectos, e que agora chega ás Federacións das Asociacións de Veciños, ás que tamén se lles informará do inicio dun segundo ciclo de obras, nos que xa traballa o Goberno Local e para o que quere a opinión dos representantes veciñais achegando suxestións, necesidades…

Plan de Obras Municipais_OK