O Goberno aproba case 3 millóns para investimentos

33
    • A modificación de crédito que se debatirá a vindeira semana en pleno, vai o financiamento íntegrada da rúa Cruz Vermella.
    • Tamén están previstas obras de accesibilidade e mobilidade en sete parroquias do rural, e melloras da eficiencia enerxética das pontes urbanas e dos núcleos de Ponte Sampaio e Canicouva

A sesión extraordinaria do pleno do Concello de Pontevedra da vindeira semana, debaterá unha modificación de crédito de 3.013.359,84 euros destinada, no 98% a investimentos. O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía, Raimundo González, explicou esta mañá que a modificación será tratada este venres na Comisión de Contas.

A modificación financiará os seguintes proxectos:

    • Financiamento íntegra da rúa Cruz Vermella. O proxecto xa está feito e valorado en 1.405.000 euros. Acórdase empregar o remanente para financiar integramente a obra.
    • Pequenas obras de accesibilidade e mobilidade nas estradas do rural nas parroquias de Santo André de Xeve, Santa María de Xeve, Campañó, Lérez, Alba, Ponte Sampaio e Canicouva. Serán labores de conservación, arranxo e mantemento para prolongar a vida útil das vías. A partida é de 900.000 euros.
    • Mellora da eficiencia enerxética
      • Das pontes da cidade: Correntes, Compostela, Tirantes e a ponte Peonil da Illa do Cobo, por valor de 450.000 euros.
      • Completar a iluminación led dos núcleos urbanos de Ponte Sampaio e Canicouva por 197.000 euros.
    • Incrementar o orzamento do Pazo da Cultura en 60.000 euros para actividades culturais.
    • Investimento de 20.570 euros para o deseño dunha aplicación informática en materia de turismo que será atribuída ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e incluída dentro da Estratexia urbana elaborada por Pontevedra.

A modificación de crédito finánciase, na súa maior parte, co superávit do orzamento 2016; cunha contía de 2.953.359,84 euros. O resto (Pazo e aplicación), polo Fondo de continxencia.

Do superávit actual, quedarán pendentes 2,7 millóns pendentes de decidir o seu destino, tanto poden ser tanto para proxectos financieiramente sostibles como o de Cruz Vermella, o arranxo das estradas ou a eficiencia enerxética, como para a amortización de débeda.