Ponse en marcha a Rede de Consellos da muller nova cunha reunión de docentes

26
    • A concelleira Carmen Fouces reúnese esta tarde dos profesores que participarán na rede para entregarlles o proxecto que desenvolverán durante o curso, e arrancar con esta iniciativa

A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces reúnese esta tarde, ás 17.00 horas na Sala de Comisións do Concello, cos profesores (arredor de 15) que integrarán a Rede de Consellos da muller nova nos institutos da cidade.

Na convocatoria entregaráselle a proposta didáctica “Tecendo redes en igualdade”, incluído dentro do III Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra”, e no que se recolles os obxectivos desta rede na que os protagonistas son as mozas e mozos que se van formar en igualdade durante toda a Secundaria, por parte dun profesorado que estará permanentemente formado. Este profesorado que asiste esta tarde á reunión, son docentes implicados no proxecto, que sería imposible sen o seu traballo.

A metodoloxía promove a cooperación entre todos os participantes a través de recursos radiofónicos, televisión, vídeo…

Nesta rede é fundamental a implicación da Consellería de Educación e o apoio de todos os consellos a través da coordinación do profesorado. Tamén é capital a implicación da universidade.

A Concellaría de Igualdade pretende que esta rede sexa un referente no ámbito educativo e na igualdade.