O Concello liderará a iniciativa de recuperar Santa Clara para uso público

319

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, foi moi claro esta mañá: “Dende o Concello, intentaremos liderar a recuperación do patrimonio arquitectónico e ambiental do Convento de Santa Clara como espazo público”. O alcalde recoñeceu esta mañá que coa decisión da Orde de Santa Clara de pechar o Convento que teñen na cidade, “ábrense moitas posibilidades. E dende o noso punto de vista a prioridade é a recuperación patrimonial e ambiental do espazo”.

Destacou que se trata dunha das grandes incorporacións que se farían ao espazo urbano, como puido ser a mediados de 1800, da man de Sesmeros, a incorporación da Alameda e as Palmeiras á trama urbana.

Recoñeceu que mantén contactos coa Igrexa para falar da situación actual da propiedade, e afirmou estar disposto a manter abertas vías de negociación con outras administracións para abrir Santa Clara ao espazo público. “Queremos contar con todo o mundo”, subliñou.

COMPARTIR