Ganemos Salamanca toma nota de Pontevedra

34
Cunha visita guiada á cidade da man do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, concluiu a xornada que concelleiros e membros de Ganemos Salamanca e Podemos, xiraron hoxe a Pontevedra para coñecer de perto o modelo de cidade e inspiral nel algunhas das súas propostas ao goberno da súa cidade, corporación na que forman parte da oposición (son 4 de 27).
“Queremos que a nosa cidade se pareza a Pontevedra, na súa vitalidade e no uso dos espazos públicos. Estamos encantados de vir aprender a xestionar o espazo público como facedes aquí, mantendo este nivel de actividade, esta vida na rúa, esta importante cantidade de nenos e nenas que se ven en rúas e prazas”, dixo Gabriel Risco, concelleiro, que ofreceu co alcalde unha roda de prensa xunto á súa compañeira Pilar Moreno e o secretario de Podemos na capital charra, Ignacio Paredero. Non dubidaron en destacar que Pontevedra está “ao máis alto nivel das cidades habitables”.
A delegación salmantina destacou especialmente a súa admiración polos resultados logrados na diminución da violencia viaria. Segundo Paredero “En Salamanca temos un nivel inasumible de atropellos, e o avellentamento e a emigración están a desangrar a cidade. Pontevedra é un exemplo pertecto e multipremiado, que pode servirnos para aprender, para soñar cunha cidade máis vivible, cunha cidade con futuro”. Ao rematar a visita mostráronse moi interesados en trasladar a experiencia á súa cidade, especialmente coas aportacións non só dos membros do goberno local, senón con representantes de colectivos empresariais de comercio e hostelaría, chaves da activación económica das rúas que deben adoitar o modelo dos tráficos de necesidade cando se trata de vehículos a motor.
COMPARTIR