Máis de 6.500 escolares participaron nas actividades de Normalización Lingüística o pasado curso

13

    • A Concellaría programou 58 roteiros para centros de ensino de toda Galiza, e 111 obradoiros para máis de 4.300 rapaces de colexios de Pontevedra.
    • Esta tarde manterá un encontro cos responsables dos departamentos de Normalización Lingüística para presentarlles a oferta de obradoiros e actividades para o presente curso.

A Concellaría de Normalización Lingüística convoca para esta tarde, ás 18.00 horas, na Casa da Luz (Sala Bolechas) aos responsables dos departamentos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do concello, para presentarlles as actividades que o servizo ofrecerá para os escolares e docentes no presente curso 2017/18.

Entre a oferta para este curso están:

  1. Exposicións en préstamo
  2. Roteiros pola cidade para dinamizar o uso do galego
  3. Programa Youtubeir@s: formación e premios
  4. Club de Debate para dinamizar o uso da lingua galega na mocidade (3º, 4º de ESO, bacharelato e ciclos formativos)
  5. Correlingua
  6. Dálle á Lingua (todos os niveis educativos)
  7. Cántamo en Galego
  8. Obradoiros para dinamizar o uso da lingua
  9. Materiais e outros recursos dispoñibles
  10. Varios

Balance

Facendo un balance do pasado curso, 35 centros de ensino realizaron algún dos roteiros que oferta a Concellaría de Normalización Lingüística. 17 foron centros do concello de Pontevedra e o resto doutros concellos galegos como Vigo, Santiago, Moaña, Cangas, Cea…

Neles participaron 1.767 escolares que fixeron 58 roteiros. Ademais realizaron tamén roteiros catro entidades distintas aos colexios elevando a cifra final de participantes a 1.873 e o número de roteiros a 62.

Para todas estas persoas, a Concellaría programou 27 roteiros Castelao, 27 infantil e 8 Sarmiento.

Nos obradoiros que Normalización Lingüística ofertou para dinamizar a lingua, inscribíronse 20 colexios nos que se programaron 111 obradoiros nos que participaron 4.378 alumnos.

Os obradoiros que se ofertaron son:

    1. Desengaiolando
    2. Díxome
    3. LF3
    4. Micolóxico
    5. Mundo Inho
    6. OPS!
    7. Poeta Miño
    8. Xoguetoloxía
    9. Xogo do Chiflo
    10. Youtubeir@S

Ademais tamén se programaron charlas da Mesa pola Normalización Lingüística para Bacharelato e ESO nos que participaron 435 alumnos dos IES Torrente Ballester, Montecelo e A Xunqueira I.