Nacen os Premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra

46
  • A inscrición pode facerse dende hoxe a través da plataforma Easypromos no enlace https://premium.easypromosapp.com/p/815364
  • Están dirixidos a centros de ensino secundario e universitario e ten dúas categorías: microvídeo para facebook e post para facebook

Dar a coñecer o patrimonio turístico -material ou inmaterial do ámbito da arte rupestre, as praias, a cultura, a artesanía, os recursos naturais, a arte, a gastronomía… – dos concellos de Campo Lameiro, A Lama Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa e Barro. Con este obxectivo nacen os Premios de Comunicación Turistica Terras de Pontevedra, que foron hoxe presentados polos alcaldes Miguel Fernández Lores (Pontvedra), Luciano Sobral (Poio), María Ramallo (Marín) e Andrés Díaz (Ponte Caldelas).

Van dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario e universitario e teñen dúas categorías:
– Microvídeo para facebook, cunha duración máxima de 40 segundos
– Post para facebook, podendo incluír textos, imaxes, debuxos, composicións, etc.

Dende hoxe, e ata o 10 de novembro incluído, estará aberto o prazo para a inscrición para os Premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra. Poderá facerse a través da promoción creada na plataforma Easypromos no enlace https:// premium.easypromosapp.com/p/815364

BASES Concurso Terras PO

Cartaz Premios Terras de Pontevedra

COMPARTIR