Os comerciantes de Fernández Ladreda piden máis prazas de servizos

38

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez mantivo onte unha reunión con representantes de negocios da rúa Fernández Ladreda para coñecer as súas demandas sobre a mobilidade de vehículos na zona, xa que se trata dunha rúa cun comercio especial con necesidades propias da mobilidade de vehículos.

A petición dos comerciantes foi a de solicitar menos espazos de carga e descarga, e máis prazas de Servizos dividindo a zona en tres ámbitos de actuación: dende Manuel del Palacio até a rúa Cuña Novás, dende esta até a Praza de Campolongo, e na propia praza de Campolongo.

Demetrio Gómez explicou que os servizos técnicos estudarán todas as necesidades da zona onde, tal vez, será preciso eliminar prazas de carga e descarga para transformalas en servizos, e, incluso, reordenar as prazas de servizos actuais.

O concelleiro destacou as boas sensacións obtidas da reunión de onte pola tarde, e o ánimo colaborador dos representantes dos comerciantes que queren incorporar Fernández Ladreda ao Modelo Pontevedra.