O Concello asina coa FANPA o convenio que garante as ludotecas de verán e Nadal

62
  • Adicarase cada ano 45.000 euros ás actividades de verán e 10.000 euros ás de Nadal
  • Haberá un mínimo de 1.200 prazas -este ano chegan a 1.900- das que o 10% serán para rapaces/as derivados de Servizos Sociais 

     

    É unha colaboración “necesaria, positiva e interesante”. Así define o alcalde Miguel Fernández Lores a relación que mantén o Concello coa Federación de Asociacións de Nais e Pais (FANPA) de Centros Públicos de Pontevedra. Fernández Lores asinou hoxe co presidenta da FANPA, Roxelío Carballo o convenio de colaboración para desenvolver o programa de actividades educativas en verán e Nadal (ludotecas).

    O convenio terá unha duración de catro anos e está orzamentado (anualmente) en 45.000 euros para as ludotecas de verán e 10.000 máis para as de Nadal. As ludotecas ofertarán a lo menos 1.200 prazas -neste ano foron 1.900- das que un 10% será para nenos e nenas derivados polos Servizos Sociais.

    O presidente da FANPA valorou o apoio e colaboración que atopan sempre no Concello e a agradeceu dun xeito especial “a súa política de tratar aos cidadáns como persoas maiores, e dicir, os cidadáns temos capacidade para organizar, para facer, para desenvolver con certa avantaxe respecto a administración determinadas actuacións”.

    O programa de ludotecas vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. As súas propostas de lecer combinan o xogo con outras actividades creativas, a educación en valores e o hábitos de convivencia.

    As actividades a desenvolver inclúen xogo libre, xogos de exterior, actividades predeportivas, xogos en gran grupo, obradoiros, actividades de animación á lectura, saídas ao entorno, visitas de personaxes ou grupos de animación.

    As ludotecas de verán e Nadal inclúen a lo menos:
    – dúas escolas de verán urbanas a desenvolver no centro                                               – unha escola de verán urbana en Monte Porreiro
    – catro escolas de verán nas parroquias do rural
    – unha escola urbana de Nadal
    – unha escola urbana de inglés no verán

    CONVENIO FANPA