Retiran 200 quilos de lixo na marisma da Xunqueira de Alba

22
  • A seca deixou ao aire a canle de acceso por Domingo Fontán no que atopáronse plásticos, botellas, caixas, capachos con resíduos de obra, rodas e ata un cortacéspede
  • O departamento de Medio Natural está a rozar e limpar tamén a canle que alimenta á marisma dende a Illa do Covo

A prolongada seca deixou ao aire, sen auga, o fondo das marismas do ENIL da Xunqueira de Alba, próximas a avenida Domingo Fontán o que foi aproveitado polo departamento municipal de Medio Ambiente Natural, que dirixe Alberto Oubiña, para facer unha limpeza da zona.

Os operarios – a man e coa axuda de pértegas- sacaron do canle arredor de 200 quilos de lixo. Os lodos ralentizaron os traballos de limpeza tanto pola dificultade para desenterrar os residuos como pola necesidade de extremar as precaucións co fin de garantir a seguranza dos traballadores xa que ao afundirse podían quedar eles atrapados.

Entre o lixo sacado da marisma da Xunqueira de Alba abundan os plásticos, botellas, caixas ou restos de cableado pero tamén atopouse dende parte dun sofá ata cadeiras de plástico ou rodas, capachos con resto de obra ou mesmo un cortacéspede.

A limpeza complétase coa roza e limpeza da canle de alimentación da marisma que conectada co río Lérez descorre pola Illa do Covo, case paralela ás instalacións deportivas da Xunqueira. Esta canle ten unha comunicación soterrada coa marisma e coas mareas énchese de auga..