Mosquera: É necesario ter un proxecto claro antes de intervir no espazo público

22
  • O concelleiro de Infraestruturas, poñente na mesa redonda “Reclamando espazos públicos para a comunidade” no Urban Thinkers Campus (UTC) En transición cara a cidades máis habitábeis de Barcelona

Pontevedra é un exemplo de traslado á práctica dos obxectivos marcados na axenda ONU-Hábitat e con esta autoridade, recoñecida por todos, participou hoxe no Urban Thinkers Campus (UTC) En transición cara cidades máis habitábeis, de Barcelona. Foi o conselleiro de Infraestruturas, César Mosquera quen tomou a palabra.

Mosquera Lorenzo foi un dos poñentes da mesa de debate “Reclamando espazos públicos para a comunidade”. Xunto a el, Francesc Muñoz, director do Observatorio da Urbanización da UAB e do International Master’s Degree in Landscape Intervention and Heritage Management; Ricard Pie, redactor de varios proxectos de ordenación urbana e redactor do Plan Metropolitano de Barcelona e Tonet Font, arquitecto e asesor de Innovación Social do Concello de Barcelona.

Ante un auditorio de técnicos, profesionais e responsables políticos, o concelleiro de Infraestruturas sinalou os piares necesarios para levar adiante un proxecto de transformación urbana exitoso como é o modelo Pontevedra: a necesidade de ter un proxecto claro e definido previo a posta en marcha da intervención espazo publico; a decisión inequívoca e valente de levar adiante o proxecto e o obxectivo de construír un espazo o máis útil, funcional posible, que dea resposta as necesidades das persoa.