Unha modificación de crédito para reformar Virxe do Camiño e amortizar débeda

23
  • A operación é de 2.734.000 euros, dos que 1,3 millóns adicaranse a amortización e 1,4 millóns ao proxecto urbano

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe una modificación de crédito por valor de 2.734.000 euros, cartos que saen do que restaba do superávit da liquidación do exorcizo 2016. Segundo explicou o portavoz do Goberno local e concelleiro de Economía, Raimundo González este diñeiro terá dúas finalidades:

– amortización da débeda municipal, 1.322.600 euros
– proxecto de acondicionamento da rúa Virxe do Camiño, 1.411.000 euros

A urbanización da trama urbana do Camiño de Santiago é un dos obxectivos marcados polo Goberno local para o actual mandato. O tramo da rúa Virxe do Camiño completa a renovación da ruta xacobea, que inclúe outros dous proxectos: a renovación da rúa do Gorgullón e a ponte do Burgo. Neste dous casos, as actuacións enmárcanse na Estratexia DUSI en tanto que Virxe do Camiño será asumida polos orzamentos municipais.

Por outra banda a partida adicada a amortización da débeda municipal servirá para liquidar o crédito máis antigo, e máisa caro, dos vixentes e o 50% dun segundo préstamo.

Ao facer este pago a débeda municipal quedará en 15.974.000 euros, nun 22,5%, un dato acredita a boa saúde financeira do Concello de Pontevedra e máis se temos en conta que inclúen os préstamos solicitados nos dous últimos anos que, a efectos contables, non están consolidados. O concelleiro Raimundo González subliñou que Pontevedra ten marxe dabondo para pedir crédito xa que a lexislación vixente permite un endebedamento de ata o 110%..