Amplíase o horario ao público do Rexistro municipal

227

O rexistro municipal amplía nunha hora o seu horario de atención ao público. Segundo informa a Concellería de Réxime Interior, Persoal e Xustiza o novo horario de inverno será de luns a venres, de 8.30 horas a 14.30 (ata agora era de 8.30 á 13.30).

A ampliación de horario será tamén unha realidade durante o verán cando o rexistro estará aberto, tamén de luns a venres, de 8.30 a 13.45 horas (fronte ao que era habitual de 9.00 a 13.00 horas).

A ampliación de horario mellorará o servizo prestado ás administrados. O concelleiro de Réxime Interior e Persoal agradece a colaboración atopada entre os traballadores municipais para levar adiante a modificación horaria.