Pontevedra recolle en Corea o primeiro premio das Cittaslow

21
  • O alcalde Fernández Lores anima a todos a facer cidades con máis calidade urbana para todos os veciños.
  • Pola tarde deu unha conferencia sobre o modelo de cidade.

Pontevedra recibiu hoxe o premio Cittaslow, na cidade coreana de Jeonju, polas súas boas prácticas en mobilidade. Neste foro, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu o galardón das mans do alcalde de Jeonju (NOME) e agradeceu que se teñan acordado da cidade do Lérez para recibir este primeiro galardón que entrega esta organización internacional e animou aos presentes a seguir traballando para devolver ás cidades aos seus veciños.

A entrega fíxose no marco da celebración do Jeonju World Slowness Forum & Awards 2017 que leva por titulo “O mundo pregunta, Jeonju resposta” que se celebrou hoxe na cidade coreana, e onde se atopa o alcalde de Pontevedra acompañado do intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle dende onte.

No acto de entrega, celebrado na antiga escola confuciana Jeonju Hyanggyo, o alcalde de Jeonju volveu a mencionar a Pontevedra como a cidade do século XXI e recibiu os parabéns do fundador da corrente Cittaslow, o italiano Paolo Saturnini.

Xunto a Pontevedra, tamén foi galardoada a vila de Katoomba (Australia) e Asolo (Italia) polas súas prácticas sectoriais.

Pola tarde, Fernández Lores ofreceu unha conferencia sobre o modelo de cidade facendo unha presentación previa cun vídeo e unha posterior explicación. Logo da súa exposición, a delegación galega recibiu os parabéns dos asistentes pola aposta decidida dos pontevedreses por recuperar a súa cidade.

COMPARTIR