En marcha medidas de racionalización do consumo da auga

35
  • Diminuirase a presión da auga durante a noite, ademais de evitar o rego de xardíns, reducir os baldeos de rúas ao estritamente necesario e controlar as fontes públicas
  • Disparouse nun 20-25% o consumo doméstico dos concellos da ría pola seca de pozos, minas e mananciais
  • O río rexistra un caudal de 3,62 metros cúbicos por segundo, un 92% por debaixo da media do mes de novembro dos últimos anos

A Xunta de Goberno local celebrou hoxe unha reunión extraordinaria para aprobar a posta en marcha de medidas de racionalización do consumo da auga. Son medidas “que teñen un efecto exemplarizante” e que van unidas a un chamamento a un consumo responsábel dirixido a poboación.

O portavoz do Goberno local e concelleiro responsábel do Ciclo da Auga, Raimundo González, deu a coñecer as medidas ao tempo que confirmou que xa están dadas as ordes pertinentes aos servizos municipais directamente implicados: Auga, Xardíns, Limpeza e Servizos Técnicos. O Concello é o primeiro que ten que dar exemplo de consumo responsábel e por elo reducirase o rego de xardíns, limitarase o baldeo das rúas ao estritamente necesario -en caso dun accidente, un verquido…-, farase un control exhaustivo das fontes públicas, inda que hai que lembrar que as ornamentais teñen circuíto pechado de auga.

A estas medidas habituais cando se enfronta unha situación de seca engadirase “a diminución da presión de auga nocturna” sinalou Raimundo González. Esta medida terá unha maior incidencia naqueles concellos que teñen unha rede de abastecemento deficiente ou non actualizada, xa que as perdas diminuirán de xeito significativo.

Hai unha seca excepcional e estamos nunha situación de consumo de auga – subministrada polo Lérez- superior á media rexistrada a estas alturas do ano. Segundo os datos facilitados polo portavoz do Goberno local, estamos nun consumo de 31.000 metros cúbicos o que supón dun 20-25% máis, un incremento que ten que ver coa seca de minas e mananciais o que obriga a tirar máis da auga da traída.

O consumo distribrúese da seguinte maneira:

– 44,1%, consumo dos concellos da ría
– 39,5%, consumo doméstico de Pontevedra – 8,9%, uso comercial
– 1,9%, uso doméstico

O río Lérez subministra auga aos concellos de Pontevedra e da ría: Poio, Sanxenxo, Marín e Bueu inda que o caudal segue a diminuír -do 13 ao 16 pasados- case un 2% o que sitúa o nivel en 3,62 metros cúbicos por segundo, un 92% por debaixo da media rexistrada nos mes de novembro dos últimos datos: 47,19 metros cúbicos por segundo.

No peor dos escenarios, que a seca continúe, Pontevedra conta cunha reserva: o Pontillón. A presa está a un 84,66% da súa capacidade o que garante o subministro de

Por outra banda o Concello agarda a resolución que adopte Augas de Galicia respecto de Ence, despois de que lles comunicara aos concellos da conca hidrográfica do Lérez que íalle a instar a reducir a captación de auga do Lérez nun 50%. O consumo da pastera de Lourizán dobra o consumo de todos os concellos da ría.

Consumos auga