Sae a contratación a obra que fará accesíbel o Pavillón Municipal

104
  • A reforma ten un custe de 237.285 euros e un prazo de execución de 4 meses
  • O proxecto inclúe a creación de aseos adaptados ás necesidades dos ostomizados, a instalación de ascensor e a reformulación dos espazos de
  • A obra segue o criterio da mínima intervención para tratar de conservar a estrutura tal e a como a concibiu o arquitecto Alejandro de la Sota

A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde á contratación do proxecto de mellora da accesibilidade do Pavillón Municipal de Deportes, un chanzo máis na reforma integral que se está a facer nesta instalación do arquitecto Alejandro de la Sota, após da substitución da cuberta -que permitiu recuperar o deseño orixinal- e a instalación dunha nova superficie de xogo.

Segundo informou o portavoz do Goberno local e concelleiro responsábel de Contratación, Raimundo González, a obra sairá a licitación por 237.285 euros e terá un prazo de execución de 4 meses.

Coa intervención prevista darase acceso a todas as persoas ao pavillón; crearanse aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida e para persoas ostomizadas no soto, instalarase un ascensor e actuarase na entreplanta, onde se vai a facer a intervención máis importante. Actuarase seguindo a premisa: a mínima intervención no deseño de De la Sota. Todos os novos elementos instalaranse nunha única peza que se diferencia do resto do edificio polo seu aspecto dado que será unha caixa de de vidro.

No exterior reordénase todo o espazo central de acceso: suprímese a rampla central de acceso e amplíanse as outras que adaptan a súa pendente ao 8%. Tamén aparece un novo portelo na billeteira adaptado en altura.

Na entreplanta é onde se fai a intervención máis importante. Alóngase as escaleiras de acceso ás oficinas; o ascensor sae no antepalco que cambia o chanzo por unha rampla. No palco hai unha segunda fila de bancos que se poden retirar para usarse con cadeira de rodas e, na primeira fila, tamén retirase un dos asentos para que poida ir unha cadeira de rodas; Substitúese a varanda frontal por outra de vidro para mellorar a visibilidade; créase un novo aseo adaptados; e mellórase o antepalco que tamén serve de sala de agarda das oficinas do servizo de deportes do Concello.

Finalmente, á planta alta, chega o ascensor, alónganse as escaleiras dos palcos e cámbianse das varandas por outras de malla metálica. Péchanse por detrás as bancadas do palco con mamparas corrugábeis. Créase un antepalco con paredes de vidro.

Os traballos para acadar un Pavillón Municipal de Deportes 100% accesíbel trataranse de facer sen interferir na actividade deportiva.