A praza de Barcelos e un disuasorio na Parda, entre as peticións dos veciños incluídas nos orzamentos

116

O Goberno Local iniciou esta semana contactos con todos os grupos municipais dispostos a falar das contas públicas do ano 2018, e tamén coas Federacións de veciños ás que lles informou das achegas que foron incluídas no primeiro borrador de orzamentos, e das que están a estudo polos servizos técnicos municipais.

Entre as incluídas están as propostas xenéricas como:

  • A creación dun novo estacionamento de balde en superficie no barrio da Parda.
  • Mellorar a vía de tráfico de vehículos da praza de Barcelos.
  • Recuperar o programa Monte Vivo.
  • Incluír unha partida para o transporte metropolitano e facer unha recollida de todas as liñas que atravesan o concello.
  • Sinalizar as entradas e saídas da cidade.
  • Crear unha partida de formación que xa supera os 800.000 euros.

Outras medidas, relativas á expropiación de todas as fincas entre o Gafos e Fernández Ladreda, está a estudo polos servizos municipais.

Hoxe mesmo está convocado o Consello Económico e Social (CES) para a presentación das primeiras contas do 2018.

COMPARTIR