Pontevedra expón en Rubí a obriga das cidades de cambiar o modelo enerxético

5

  • A tenente de alcalde, Carme da Silva explica en Rubí os beneficios do modelo Pontevedra sobre o cambio deste paradigma

O Concello de Pontevedra participou esta mañá no Congreso polo cambio enerxético organizado polo Concello de Rubí, no que interveu a tenente de alcalde e concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva para defender o modelo de Pontevedra como exemplo de cambio de paradigma enerxético.

Pontevedra estaba incluída nunha palestra sobre Planificación da mobilidade urbana nas cidades, éxitos e retos, xunto ao Concello de Barcelona, a Generalitat, a Cámara de Comercio de Barcelona e ISGlobal.

A concelleira de Pontevedra explicou que o cambio urbano de Pontevedra levou a unha redución das emisións de carbono, cumprindo todos os días do ano, os parámetros de limpeza do aire que marca a Organización Mundial da Saúde, e consecuentemente, aforro de combustible.

Indicou que en Pontevedra prodúzose ese cambio de paradigma enerxético, que debe darse en todas as cidades “porque non é viábel seguir a consumir as inxentes cantidades de combustible que empregan”. E o principal elemento no que hai que incidir para reducir ese consumo enerxético é o tráfico.