Técnicos da Federación Internacional de Triatlón avalían circuítos, calendarios, imaxe e preparativos do Festival Multisport 2019

44

    • Desenvolven unha intensa axenda de traballo con técnicos municipais e das federacións galega e española
    • Valoran a idoneidade de instalacións como O Pontillón ou CGTD para darlle soporte aos atletas
    • Coñecen o avance da campaña de imaxe e comunicación de Pontevedra para dar a coñecer o evento ao mundo

Os técnicos da Federación Internacional de Triatlón (ITU nas súas siglas en inglés), xunto con técnicos das federacións española e galega e responsables do departamento municipal de Deportes, coa concelleira Anxos Riveiro ao fronte, están a desenvolver unha intensa xornada de traballo (que continuará mañá) co fin de perfilar os circuítos nos que se disputará o Festival Multisport Pontevedra 2019, a cadencia das probas, calendarios, etc. E avaliar a idoneidade das instalacións deportivas para darlle soporte aos campionatos e atletas.

O Pavillón e Concello acolleron as primeiras sesións de traballo do día nas que os técnicos da ITU coñeceron tamén o avance da campaña de imaxe e comunicación que  o Concello de Pontevedra promoverá para dar a coñecer o evento deportivo ao mundo.

As propostas postas enriba da mesa polo Concello teñen que cumprir os esixentes requisitos marcados pola ITU e cotexar esta adecuación forma parte deste traballo preparatorio. Unha adecuación e idoneidade que será analizada polo miúdo e in situ no caso dos circuítos -de longa distancia, Tricross- e de instalacións como o complexo deportivo do Pontillón o as dependencia do CGTD.

O Festival Multisport Pontevedra 2019 traerá a Pontevedra os campionatos do mundo de Aquatlóm, Triatlón de longa distancia, Triatlón Cross, Duatlón e Aquabike

Esta visita de traballo da Federación Internacional chega logo das reunións institucionais previas convocadas en meses anteriores entre o Concello, Deputación e Xunta e as federacións española e galega, así como dos encontros técnicos na cidade de responsables das dúas federacións e tamén do Concello para ir avanzado na organización do Festival Multisport.