O Concello ten activas obras por arredor de millón e medio de euros

22
  • Os arquitectos redactores do proxecto da Ponte do Burgo informarán na Comisión de Mobilidade

O concelleiros de Obras e Mobilidade e de Medio Natural, Demetrio Gómez e Alberto Oubiña, respectivamente, deron hoxe cumprida conta á Comisión de Mobilidade dos proxectos municipais inmediatos ou en marcha que hai no concello. “Falamos de proxectos que todos xuntos suman da orde de millón e medio de euros”, cifrou Gómez e que son os seguintes:

    • Herminia Fariña
    • Mellora da rúa Cruz Vermella.
    • Creación da oficina técnica no campo de fútbol da Xunqueira
    • A reforma do campo da festa San Cibrán
    • O parque infantil de Campolongo
    • A mellora da contorna do barrio da Seca e do Camiño Vello de Castela
    • A nova zona de aparcamento disuasorio de Salcedo
    • O novo aparcdoiro disuasorio en Pidre (Cerponzóns)
    • A mellora da accesbilidade da praza de Barcelos

Ademais desta relación de proxectos, na Comisión de Mobilidade decidiuse por unanimidade citar ao equipo de arquitectos que redactou o proxecto de recuperación e posta en valor da Ponte do Burgo co fin de coñecer polo miúdo a actuación prevista nunha ponte que é parte do patrimonio histórico da cidade. Esta xuntanza terá carácter informativo.

Para o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, “o máis chamativo é que, en contra do que se di, as obras que temos en execución e practicamente rematadas, están sobre todo nas parroquias do rural”. Falamos de:

    • O núcleo de centralidade de Cerponzóns
    • O núcleo de centralidade de Salcedo
    • Os Areais
    • O calmado de tráfico na contorna dos CEIP de Salcedo e A Carballeira
    • O acceso aos Fontáns
    • O parque dos Praceres
    • O calmado de tráfico e mellora da accesibilidade no Campiño
    • O campo de fútbol de Cerponzóns…