O Orzamento 2018 recollerá os proxectos dos fondos FEDER por valor de 8 millóns

25

A Concellaría de Economía e Facenda dá os últimos retoques ao orzamento 2018. Nesta semana podería quedar totalmente pechado cunha novidade substancial ao respecto dos primeiros borradores: a inclusión das achegas municipais aos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rural (FEDER). O concelleiro de Economía explicou que logo das últimas reunións técnicas celebradas en Madrid sobre a consignación dos Fondos FEDER, acordouse incluír todos os proxectos en marcha da Estratexia DUSI de Pontevedra no orzamento 2018 con partidas específicas. Consecuentemente, tamén se incrementaban as achegas municipais para estes fondos que pasan dos 700.000 euros do primeiro borrador a 1.924.000 euros.

En total inclúense proxectos por valor de 8 millóns de euros, dos cales o Concello achega case dous. Están metidos en estas partidas:

  • A Ponte do Burgo por valor de 2,5 millóns de euros
  • A reforma do Gorgullón por 1.554.000 euros
  • A reforma do Multiusos por 2.143.000 euros
  • A renovación do Mercado de Abastos por 279.000 euros
  • Dous proxectos da administración electrónica por 903.000 euros
  • O parque da Tomba por 441.000 euros
  • Os distintos espazos de centralidade parroquial de Tomeza por 943.000 euros.

Ao incluír estes proxectos, os 2/3 dos proxectos dos fondos FEDER estarían en marcha, e o Concello estaría en disposición de poder inicialos no vindeiro ano de chegaren os cartos de Europa.