Aprobada a creación de catro prazas de técnicos para o despregue do programa de compostaxe

290

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proceso para a creación de catro postos de traballo para o programa da compostaxe no Concello de Pontevedra que permitirá a contratación de técnicos encargados de supervisar todo o despregue do programa da compostaxe no concello, seguindo tres modalidades: composteiros individuais, composteiros colectivos e planta de compostaxe.

Nestes momentos, o Concello está a empregar aos técnicos da Deputación para o control dos composteiros que están en marcha e para decidir as necesidades dos futuros centros de compostaxe. O propósito é que o Concello teña o seu propio persoal (temporal), que neste caso será un técnico superior de xestión de residuos municipais e tres técnicos auxiliares.

O propósito é ter o despregue feito de todo o programa entre o ano 2018-2020.

Con esta aprobación ábrese o proceso para a creación de bases dos postos de traballo.

COMPARTIR