Nadalear en Pontevedra

881
  • Música, xogos, teatro, as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, citas deportivas e solidarias teñen cabida na programación de Nadal do Concello

Xogos, música, teatro, actividades lúdicas, citas deportivas e tamén unha decidida e actualizada aposta polo comercio local integran o programa de Nadal do Concello de Pontevedra. Baixo a marca “Nadalea en Pontevedra” ponse en marha un amplo programa de actividades “variado, para todas as idades e as máis de balde e as que son de pago con prezos moi económicos”, sinalau a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías. Ao seu carón, durante a presentación, a concelleira de Cultura, Carme Fouces.

A carpa de Pontexogos na praza do Concello, o mercadiño de artesanía da praza do Teurco -“ao que lle damos unha volta para adaptalo aos novos tempos e que levará o nome de Nadaladas” sinalou Anabel Gulías-, Nadalocio no Recinto Feiral, concertos como o de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Pontevedra nesta ocasión co acompañamento do Coro Gli Apassionati e Ballet Norte son citas que conforman a programación de Nadal no Concello.

Tampouco faltarán as panxoliñas nas tabernas e nas rúas, o Papa Noel, a visita dos Reis Magos e as citas co deporte como a carreira San Silvestre -que este ano celebra a súa 34 edición- ou os eventos solidarios.

Estamos na conta atrás para comezar a Nadalear.

Descarga o programa: Programa Nadalea