Boa sintonía nos primeiros contactos do Concello coas clarisas polo mosteiro de Pontevedra

118
    • O alcalde reuniuse a pasada semana coa madre superiora das Clarisas de Santiago, responsábel da congregación en Galicia, para falar do futuro do convento.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores informou esta mañá que o pasado xoves mantivo unha reunión coa madre superiora do convento das Clarisas en Santiago de Compostela para falar do futuro do mosteiro de Pontevedra, pechado dende hai uns meses. Destacou o bo clima da reunión e a coincidencia de ambas partes en ter que darlle un uso ao convento para conservar a súa riqueza paisaxística e patrimonial, especialmente dadas as dificultades que ten a congregación para mantelo.

De todos os xeitos, o alcalde adiantou que a congregación aínda non ten tomada a decisión de abandonar definitivamente Pontevedra. Esta decisión tomarase logo da reunión que manteñan os responsables da congregación coa presidenta das Clarisas de España Sor María del Rosario Sánchez Muñoz, que visitará Galicia no vindeiro mes de xaneiro con este propósito.

O alcalde apuntou a posibilidade de que o Concello poida manter unha reunión coa máxima responsable da congregación para trasladarlle en persoa o interese municipal sobre o mosteiro, tanto para abrir a súa horta para uso público como para facer unha necesaria intervención patrimonial no edificio, tal e como ten confirmado unha vez