Asinado o préstemo de 2,5 millóns para mellorar a accesibilidade urbana e rural

56

    • Nesta operación de crédito tamén se inclúen partidas para sumidoiros, zonas verdes e unha parte do parque infantil de Campolongo

O Concello de Pontevedra pechou esta mañá o acordo con Abanca para a financiación do crédito do ano 2017 por valor de 2,5 millóns de euros, coa sinatura do alcalde e os representantes da entidade bancaria, ante o secretario municipal e os responsables da Intervención municipal.

O crédito asinado ten as seguintes condicións:

    • Euribor a tres meses + 0,076% (de aplicarase agora o interese será de 0,431%)
    • Dous anos de carencia máis 10 anos de amortización.

Os investimentos que o Concello financiará con esta operación de crédito son:

    • Rede de sumidoiros: 200.000 euros
    • Mellora de accesibilidade rural: 1.200.000 euros
    • Melloras de accesibilidade urbana: 900.000 euros
    • Xardíns e zonas verdes: 25.000 euros
    • Parques infantís: Campolongo e outros: 175.000 euros