Aberto o prazo para presentar propostas para a Sétima Feira do día 20 de xaneiro

18
    • Dado o carácter excepcional desta convocatoria, a participación está aberta a todos os interesados.

A Concellaría de Promoción Económica celebra o vindeiro 20 de xaneiro unha nova edición de Sétima Feira no primeiro andar da praza de Abastos. Dado que se trata dunha convocatoria excepcional, todas as persoas que estean interesadas en participar deberán facer chegar a súa proposta a oficina da Sétima Feira a través do correo setimafeira@pontevedra.gal. A organización porase en contacto con eles.

Como vén sendo habitual, Sétima Feira abrirá en horario de 11.00 a 15.00 horas e contará cun amplo abano de propostas creativas do país: en moda, arte, gastronomía e música. Tamén volta o SF INFANTIL con divertidas actividades para a cativada.

Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escena creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre novos creadores e comercio local.