A realidade virtual nunha Pontevedra imaxinada, base fotográfica do calendario de 2018

O calendario municipal de Pontevedra fixo en 2018 unha aposta pola realidade virtual a través das fotografías de Emi Ramírez, que imaxina unha cidade irreal a través de escenarios urbanos cotiáns.

A Ferraría reflexada no interior dun bombillo, elefantes paseando polo parque de Campolongo, unha ola de surf diante da Illa ou os monstros dunha serie televisiva sobre a pista de piragüismo do Pontillón son algúns dos orixinais plantexamentos da aposta fotográfica, que tamén inclúe unha praia da praza da Leña, unha fervenza cabo do hospital ou un bosque de cogumelos xigantes na Alameda.

As fotografías fóron elaboradas por Emi Ramírez, un artista pontevedrés que ademáis da plástica fotográfica, actúa como cantante do grupo de heavy metal Iron Hunter.

O calendario exhibe un total de 26 orixinais que acompañarán as mesas de milleiros persoas durante todo o ano, xa que se realizou unha tirada de 17.000 exemplares que se distribúen gratuítamente.

Descargar PDF do Calendario

 

COMPARTIR