Lores: “Espazo Arroelo proba que somos unha cidade que ten futuro”

403
  • O alcalde visita este espazo de coworking e coñece aos profesionais que comparten alí traballo, ideas e proxectos
  • Internacionalizar o seu espazo para atraer o talento doutros países e dar a coñecer a Pontevedra polo mundo, obxectivo para o 2018

O alcalde Miguel Fernández Lores, acompañado da concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, visitou hoxe o Espazo Arroelo, un espazo de traballo compartido que conta cunha comunidade de máis de 50 profesionais de 8 países distintos no que comparten vida profesional, ideas, proxectos e amizade.

Espazo Arroelo naceu hai catro anos e medio baixo os lemas “construímos o mundo que queremos” e “facemos que as cousas ocorran” e neste tempo a crear un ecosistema onde se fomenta a colaboración empresarial, a inspiración colectiva, o consumo local e o coñecemento compartido.

Fernández Lores – que compartiu máis de dúas horas de visita y charla con algúns dos novos emprendedores da comunidade Arroelo- ve na filosofía que guía este espazo de traballo moito da filosofía da cidade “no sentido de que nós defendemos que Pontevedra é unha cidade que ten futuro, que como pontevedreses estamos no mundo e temos capacidade de interrelación”. Este espazo de coworking demostra que “que hoxe por hoxe nunha sociedade tan globalizada podemos traballar estando ubicados en Pontevedra ou en calquera outra parte do mundo, e internacionalizarse dende a propia cidade. Non é necesario marcharse para facer cousas, que se poden facer desde squí e incorporando xente de fóra”.

Os emprendedores do Espazo Arroelo están a desenvolver proxectos para expandir o xerme da colaboración na cidade a través do proxecto Rufo & Co – que pretende apoiar que a xente xoven desenvolva os seus proxectos e soños en espacios de coworking -; o “ Work Party Club ” – encontros para traballar en inglés-; os “ Desayunos de Michelena 11” e as Familias Creativ as para xerar redes entre as empresas de Pontevedra.

O seu propósito para este 2018 é internacionalizar o seu espazo para atraer o talento doutros países e dar a coñecer a Pontevedra polo mundo. Xa participan de proxectos europeos como Erasmus para Xovenes Emprendedores , o Programa de Aceleración Internacional European Coworkings Eoi , a Coworking Spain Conference , e esta semana participarán no European Creative Hubs Campus en Bruselas xunto a outros 80 espazos creativos de Europa.

Durante a súa visita, o alcalde tivo a oportunidade de coñecer a algunhas das persoas que forman a #arroeloverfamily e que son protagonistas dos proxectos que xorden da colaboración no Espazo Arroelo como:

Juan Hernando. é un desarrollador web freelance que veu a Pontevedra dende Cantabria fai un ano. Comezou organizando no espazo encontros mensuais da Pontevedra Word Press Meetup para crear unha comunidade de profesionais desta ferramenta. Agora, está organizando unha WordPressCamp na cidade para máis de 150 persoas para o vindeiro setembro.

Eduardo Seisdedos, apoia a que as empresas se desenvolvan de forma sostible. Está a impulsar a creación dun Laboratorio de Innovación Climática para buscar solucións empresariais ós retos derivados do cambio climático. Ademais, é un dos fundadores de Leiras do Lérez (xunto coas coworkers Macarena Gándara e María Bariego), dentro da iniciativa internacional La colmena que dice sí, que promove o consumo de alimentos de proximidade e que conta con 305 usuarios en Pontevedra.

Mariem Filgueira, sherpa empresarial, Con máis de 15 anos de experiencia na consultoría de negocio é a persoa fai realidade o “ Plan Verea ” no Concello de Pontevedra que facilitou o asesoramento a máis de 40 empresas nas dúas primeiras edicións e que forma parte do equipo que creará o proxecto “A Redeira” neste 2018.

Oscar Torres, responsable de marketing da empresa galega Orballo que produce produtos ecolóxicos así como o primeiro te certificado coma tal de Europa dende Donín en A Coruña.
Mario Hernández Mor, tras traballar en Perú, Arxentina, Uruguai, Ecuador e México desenvolve a súa actividade para a Consultora IPlan Mobilidade dende Pontevedra. El é un dos exemplos de profesionais que traballan en remoto para a súa empresa dende este espazo de coworking.

Dani Chapela, mozo de 18 anos que forma parte do programa de Arroelo Rufo&CO ,. no cal atopa inspiración para desenvolver o seu proxecto de actividades culturais na Axencia de Lectura de Meiro (Bueu ). Ademais,comezou a plantexar actividades en Pontevedra, como “En busca do tesouro” para o vindeiro febreiro.

Melissa Durand, economista da Universidade de Piura en Perú que dende o espazo brinda asesoramento financeiro independente, e participa na rede de profesionais Superautonomoas que xorde da colaboración entre empresas de Arroelo.

David Pazos (fundador de Concienciatec ), formador e asesor TIC que axuda a que as persoas saquen partido ás novas tecnoloxías, Smartphones, apps, ordenadores, etc.

Lourdes Miguez, busca dende Arroelo a súa oportunidade profesional no mundo da organización industrial e da enxeñería.

África Rodríguez, cofundadora do Espazo xunto con María Pierres dende onde desenvolven de forma complementaria ademais outras das súas paixóns profesionais. África é unha aférrima activista da creación da cultura colaborativa nos equipos acompañando a empresas e a profesionais neste proceso. Por outra banda, María compaxina a arquitectura coa política no Parlamento Galego.

Noela Quintana, tras participar nun programa de emprego desenvolvido por algunhas persoas de Arroelo, comezou a súa actividade profesional no espazo no eido da psicoloxía deportiva acompañando a deportistas a que acaden os seus obxectivos.

Cristina Fariñas, psicóloga que centra a súa labor na loita contra a violencia de xénero en estreita colaboración con Apico (Asociación pola Igualdade e a Coeducación) en proxectos como o Programa de Inserción Laboral de Mulleres Vítimas da Xunta de Galicia. Ademais, dende o eido da súa especialización na psicoloxía perinatal participa activamente na Asociación Pro-Lactancia Materna Teta Meiga.