O alcalde falará do modelo Pontevedra en Elx, en pleno debate sobre o proxecto de avance da peonalización na cidade

25
  • Convidado polo Instituto d´Estudis Comarcais del Baix Vinalopó, manterá tamén un encontro co alcalde
  • Impartirá unha conferencia-coloquio que leva por título “Menos
    coches, máis cidade”

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores será o protagonista mañá, 25 de
xaneiro, dunha conferencia-coloquio sobre o modelo urbano en Elx. O Instituto d´Estudis
Comarcals del Baix Vinalopó (IECBV) convidouno co fin de coñecer polo miúdo os pasos
dados para transformar dun xeito radical, e con éxito, a cidade do Lérez.
“Menos coches, máis cidade” é o título da conferencia que o alcalde impartirá na sede da
Fundación Caja Mediterránea de Elx, a partir das 20.00 horas.O IECBV decidiu convidar a Fernández Lores cando está de plena actualidade en Elx o debate sobre o proxecto municipal de avanzar na peonalizacion do centro e potenciar o uso das marxes do río para uso deportivo e lúdico.

A axenda do alcalde en Elx ten máis citas, pola mañá (a partir das 10.30 horas) fará unha
visita guiada ao centro histórico da cidade para coñecer in situ o espazo que se quere
peonalizar e no que estaba previsto a construción dun aparcamento. Neste percorrido
Lores estará acompañado por membros da Instituto anfitrión e da Plataforma Salvem el
Mercat (edificio que desaparecería co novo estacionamento). Ademais tamén percorrerá a
zona vencellada á representación da Festa-Misteri d´Elx (rúa Maior, Santa María, etc.). A
visita será un intercambio de impresións tomando como referencia o modelo Pontevedra.
Tamén está previsto que manteña entrevistas e contactos cos medios locais.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, o alcalde de Pontevedra será recibido oficialmente polo
alcalde de Elx, Carlos González, no Concello. Na recepción haberá tempo para intercambiar impresións sobre o que ten (ou non) que ser unha cidade.

Dúas horas máis tarde, ás 20.00 horas, será o momento da conferencia-coloquio na que
os promotores, o Institut d´Estudis Comarcals del Baix Vinalopó agarda unha alta
participación.

O IECBV e unha entidade que traballa a prol da promoción, coñecemento e
recoñecemento da cultura propia da comarca do Baix Vinalopó e da defensa do seu
patrimonio. Ademais reivindica a comarca fronte a outras circunscricións administrativas
como a provincia.

Máis información https://www.iecbv.com/