Este venres tes unha cita cos Cantos de Taberna!

46

    • Arranca no Brasilia e Machuco co grupo Aquí e alá

Chegan os Cantos de Taberna, e xa van sete anos! A Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva, presentou hoxe esta nova edición que comeza este mesmo venres, consolidando a decisión de trasladar de entroido a primeiros de ano o inicio dos Cantos ao ser un proxecto cunha grande acollida entre os pontevedreses. Tal é así, que hai grupos nacidos de edicións de Cantos de Taberna, como poden ser Os chispas do Lérez, que este ano súmanse ao cartel.

Carme da Silva xa adiantou que esta nova edición era “para tomar boca” do que virá no verán, xa que cabe a posibilidade de que se repita a programación nas Festas da Peregrina.

Cantos de Taberna inclúe cinco citas que comezan o venres 26 de xaneiro e que se repetirán o último venres de cada mes até maio. O horario será o de sempre, de 21.00 a 24.00 horas.

A participación é un piar fundamental de Cantos de Taberna e por elo agasallaráselle ás persoas (ou grupo de persoas) máis entusiastas, constantes e participativas cun libro tabernario, que recolle os cantos tradicionais.

Programa (datas, locais e grupos)

    • Venres, 26 de xaneiro. No Brasilia e o Machuco. Aquí e alá
    • Venres, 23 de febreiro. No Milano e o Maristas. Mistura
    • Venres, 23 de marzo. No Novo Viñedo e La Casita. Os Chispas
    • Venres, 27 de abril. No Saudade e o Timón. Vento mareiro
    • Venres, 25 de maio. No Reixas e a Navarra. Maravallada
COMPARTIR