O alcalde de Elx recibe a Lores e xuntos analizan como enfrontar a recuperación dos espazos urbanos para as persoas

34
  • Carlos González ve en Pontevedra un exemplo de cidade “humanizada”
  • Alcalde de Pontevedra: “Nós fixemos un proceso de transformación urbana pero cada un ten que debuxar o seu propio camiño”

O alcalde de Elx, Carlos González, recibiu esta tarde ao alcalde de Pontevedra, Miguel
Fernández Lores, unha visita protocolaria que foi aproveitada para intercambiar impresións
sobre a importancia de recuperar os espazos urbanos para as persoas. No encontro
estaba tamén Mireia Mollâ, concelleira de Relacións Institucionais, e os representantes do
Institut d´Estudis Comarcals del Baix Vinalopó, entidade que convidou a Lores para falar
da transformación urbana de Pontevedra.

Carlos González amosou a súa satisfacción “por escuchar de primera mano las
caracteristicas de la transformación que ha experimentado Pontevedra, un ejemplo de las
ciudades medias y grandes que se han humanizado que, en definitiva, han contribuido
con esos procesos a la mejora de la calidad de vida de los ciudadanos. Para mí, como
alcalde de Elx, creo que es una referencia importante”.

Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra agradeceu a recepción e o intercambio de
impresións sobre o que está a acontecer en Elx: “hai un proceso de recuperación do
espazo público e peonalización parcial bastante avanzado”. Tralo percorrido da mañá
Miguel Fernández Lores foi quen de facerse unha idea de Elx “unha cidade moi compacta
e con moitas posibilidades”, mais subliñou diante do seu homólogo que “nós fixemos un
proceso de transformacion pero cada un ten que debuxar o seu propio camiño”.

O encontro co alcalde de Elx produciuse antes da conferencia-coloquio que vai a impartir
Miguel Fernández Lores na sede da Fundación Caja Mediterránea, sobre o tema “Menos
coches, máis cidade”. Un foro aberto que ten como obxectivo coñecer polo miúdo o
modelo Pontevedra -como se formulou, os pasos dados para acadar a transformación
radical dos últimos anos, as reticencias e os apoios tidos neste percorrido…-, nun
momento no que está en Elx de plena actualidade o proxecto municipal de avanzar na
municipalización do centro.

COMPARTIR