O Salón organiza o I Congreso Internacional de Mediación Lectora “Mulleres de conto”

68
  • A iniciativa, que desenvolverase do 19 ao 21 de abril, é parte do programa “Dar de ler”
  • Profesionais de Galicia, Portugal e México impartirán as conferencias e obradoiros de carácter principalmente práctico.
  • No proxecto está implicada a Universidade a través da Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra coa docente Eulalia Agrelo á fronte.

A cidade de Pontevedra e o Salón apostan por seguir sendo un referente no ámbito da literatura infantil e xuvenil e organizarán en abril o I Congreso Internacional de Mediación Lectora ‘Mulleres de Conto’. Continuando na liña de traballo de apostar pola cultura e a lectura e achegala á nenez e á mocidade, xurde este proxecto en colaboración coa Universidade de Vigo.

O evento, que contará con profesionais da ilustración e a creación literaria galegos/as, de Portugal e o país convidado, México, nace en colaboración cos grupos de investigación a nivel internacional  da rede LIJMI (Literatura infantil y Juvenil del Marco Ibérico e Iberoamericano). Pretende ser un punto de encontro sobre este ámbito e que mediadoras e mediadores estean mellor formados grazas á creación desta rede de traballo entre Universidade de Vigo e Santiago e os diferentes campus.

Tal e como destacou Carme Fouces logo de agrader a colaboración e implicación ao decano Vicente Romo e a profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura, Eulalia Agrelo – coordinadora do programa e membro da LIJMI-  este congreso ten lugar dentro do marco do Salón e baixo o paraugas do programa ‘Dar de ler’. Baixo o lema de ‘Pontevedra é boa vila, dá de ler aquen pasa’ enmarcaranse esta e outras acción fomativas como as levadas a cabo en novembro cos cursos de radio, tv e podcast, o clube de lectura do Salón. “Interésanos o ámbito formador, investigador e universitario, prestar atención ás figuras da mediación lectora xa que son unha parte importantísima da cadea á hora de crear futuros lectores críticos, que entendan o que leen e saiban escoller’

O decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, Vicente Romo, agradeceu á Concelleira a labor do Concello e a súa predisposición a colaboración neste e noutros proxectos e amosou a ledicia de estar implicados de xeito directo neste proxecto. Unha implicación que vén da man do traballo de Eulalia Agrelo, docente chegada hai pouco ao Campus de Pontevedra que puxo todo o seu coñecemento para elaborar o programa do congreso.

Un programa como ela mesma comentou, supervisado e valorado por un comité científico – formado por investigadores do marco Ibérico e Iberoamericano, membros da LIJMI – que agarda que este proxecto teña continuidade.

Ademáis de destacar a importante labor do mediador, que é o nexo entre os productores de literatura e o destinatario final – a nenez e a mocidade- Eulalia puxo en valor a produción literaria galega de figuras como o finado Agustín Fernández Paz ou Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre –amabas presentes no Congreso – que “exportan as nosas letras e cultura polo mundo adiante”.

En referencia ao programa do evento, adiantou que “ademais de charlas ao uso haberá mesas de encontro e debate e reflexións, voces críticas da creación e o ámbito libreiro, pero tamén unha parte moi práctica. Consideramos fundamental que se coñeza a productividade e as súas posibilidades para poder traballar con ela nas aulas: estarán presente a poesía, a narración, o teatro e incluso a posibilidade de facer un percorrido literario por Pontevedra”

Sobre o público ao que vai dirixido o congreso, Eulalia sinalou aos docentes, bibliotecarios e mocidade en periodo de formación como principais suxeitos que “deberían traballar a mediación, creando espazos idóneos de retroalimentación onde intercomunicar coñecementos e saberes para desenvolver un mellor traballo para do destinatario final: o lector”

A  matrícula, de de balde, activarase próximamente na web www.salondolibro.gal