Lores, atento fronte ao posíbel transvasamento do río Verdugo

31
  • O alcalde recibiu ao portavoz de Pladever e manifestoulle o seu apoio e colaboración na defensa do río Verdugo

A retirada da urxencia non quere dicir que o proxecto de transvasamento do río Verdugo estea paralizado, é por elo que o Concello de Pontevedra estará atento fronte ao que poda acontecer. O alcalde Miguel Fernández Lores, xunto co concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, recibiu hoxe ao portavoz da Plataforma en defensa do río Verdugo (Pladever), Fernando Malvar coa que o Goberno local comparte unha postura contraria a un transvasamento acordado pola Xunta no pico da seca para lle dar servizo a Vigo.

O alcalde reiteroullo o seu apoio ao representante de Pladever e manifestoulle a súa disposición a colaborar en accións divulgativas dirixidas a explicar que suporía o transvasamento, os prexuízos ambientais, económicos e sociais que traería e, polo tanto, as razóns que explican o rexeitamento. Pola súa banda Fernando Malvar agradeceulle ao alcalde o seu apoio á loita contra o transvasamento e o soporte público que ten dado a súa loita.

COMPARTIR