“Docs do mes” chega ao Principal co documental “Amazona”

96
  • O ciclo, promovido pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra coa colaboración do Concello, estará composto por 10 pezas documentais da carácter internacional
  • Por norma xeral, terán lugar o terceiro luns de cada mes con entrada de balde
  • No mes de febreiro, excepcionalmente, haberá dúas proxeccións

A partir do vindeiro luns 19, no que bota a andar o ciclo con “Amazona” de Clare Weiskopf,  o terceiro luns de cada mes poderemos gozar de balde ás 20:30 Teatro Principal, da estrea dun documental. Promovido pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e coa colaboración do Concello de Pontevedra, a nosa cidade será incluida no circuito de proxección do programa catalán ‘Docs del mes’ da productora Parallel40.

O proxecto, que pretende achegar o xénero documental á poboación e xerar novos públicos en torno a el – seleccionando pezas de temática variada e actual e con carácter internacional – está na actualidade presente en 70 salas de 11 comunidades autónomas do estado, en Chile, Colombia e El Salvador.  A presenza en Galicia estaba limitada ao centro Ágora de A Coruña á que se suma o Teatro Principal, sede do evento na nosa cidade..

 ‘Amazona’, peza recomendada pola organización para apertura, proxectarase o vindeiro luns 12 de febrero como peza extraordinaria e  o o 19 de febrero con “Machines” comezarán a facelo periódicamente o terceiro luns do mes – tal e como comentou Juan Corbacho, Vicerrector do Campus – para “non interferir con outros ciclos como o Cineclube Pontevedra, xa que na cidade gozamos dunha ampla oferta cultural e non queremos contraprogramarnos”. Na súa intervención Corbacho destacou a disposición do Concello para colaborar  sempre en actividades como esta que “enriquecen á sociedade a través do audiovisual, cousa de agradecer nun campus con tres titulacións relacionadas co mesmo, ademáis dos Mestrados”

Pola súa banda a concelleira de Cultura e Educación, Carme Fouces salientou a satisfacción de “traballar man a man coa Universidade para desenvolver proxectos culturais, cuns elevados estándares e criterios de calidade e con entradas de balde.  Entre a súa labor e a nosa, a que sae gañando é a cidade.

Manuel Morquecho, responsable da Área de Cultura da Vicerreitoria e principal promotor desta iniciativa, chegou a ela por casualidade nunha viaxe a Barcelona. “Pareceume moi interesante, informeime e vin que era factible programalo aquí. Dende a produtora Parallel40 todo foron facilidades para aportar material etc.  Aínda que o convenio pode ser semestral, nos escollemos facelo anual, sendo un total de 10 pezas as que se proxectarán. Ten un custe moi asequible (1800€) e dan facilidades se queremos repetir un pase noutro emprazamento”

Sobre súa intervención, Carme suliñou que “como vedes, non é preciso ter orzamentos millonarios para facer boa programación cultural. Hai que ter interese”

 Luns 12 de febrero ás 20:30.: ‘AMAZONA’ – Clare Weiskopf.

 Que fai que unha muller sexa boa nai? É necesario renunciar aos teus propios soños, por extremos que sexan, cando tes fillos?

Clare Weiskopf, a directora do filme, tiña 11 anos cando a súa nai fuxiu á xungla colombiana, abandonándoa a ela e ao seu irmán pequeno. Trinta anos despois, Clare queda embarazada e decide reencontrarse coa súa nai para buscar respostas e pechar feridas. Necesita ter o seu propio concepto do significado da maternidade. Unha viaxe ás profundidades do Amazonas que lle servirá para explorar unha relación que cría perdida e que a transportará ao interior do seu propio ser, o único camiño posible para reconciliarse con ela mesma.

Unha historia fascinante entre dúas mulleres, nai e filla, chea de conversacións que fan saltar faíscas, que nos sitúa ante un dilema moral sobre os límites da liberdade e a responsabilidade.

 Luns 19 de febrero ás 20:30h.: ‘MACHINES’ – Rahul Jain

Hipnótica, laberíntica e desoladora. Miles de traballadores exhaustos, interminables xornadas laborais de 12 horas e unha inmensa fábrica téxtil en Surat, unha cidade industrial no noroeste da India. A cámara viaxa lixeira entre os corredores deste inframundo invisible, onde humanos e máquinas son a mesma cousa.

O cineasta Rahul Jain debuta cunha obra valente e persoal. As curtas conversacións que mantén cos traballadores nos descolocan e engade unha nova capa de lectura a un filme que vai máis aló da denuncia da explotación laboral. Observamos incrédulos unha realidade dramática que nos atrapa polo seu esplendor sonoro e visual.

Unha mirada dura, e á vez dunha sensibilidade extraordinaria, á explotación dos traballadores das fábricas dos países en vías de desenvolvemento que nos obriga a reformularnos se as dinámicas produtivas do mundo no que vivimos son as máis idóneas.

 Luns 12 de marzo ás 20:30h.: ‘GRACIAS POR LA LLUVIA’ – Julia Dahr

 Durante o últimos catro anos, Kisilu Musya, un granxeiro kenyano, utilizou o seu cámara para capturar a vida da súa familia, o seu pobo e os efectos devastadores do cambio climático sobre a súa terra. Filmou inundacións, secas e tormentas, pero tamén foi testemuña dos custos humanos destes fenómenos: a migración dos homes á cidade en busca de novos empregos ou como os seus fillos foron devoltos a casa porque el non podía pagase a escola a final de mes.

 

Despois dunha tormenta que destrúe a súa casa, Kisilu empeza a construír un movemento comunitario de agricultores que loitan contra os impactos do clima extremo e decide viaxar a París con motivo da XXI Conferencia sobre o Cambio Climático, para tentar ter voz nas conversacións sobre o clima e dar un xiro de 180 graos ás políticas ambientais.

Alí, no medio da impenetrable lóxica das grandes negociacións políticas, no marco do show ambiental máis grande do planeta, a relación entre a directora do filme, a norueguesa Julia Dahr, e Kisilu cobra unha nova dimensión e une os mundos opostos que os dous personaxes representan– norte e sur- nunha mesma loita pola xustiza climática