A Aula de Teatro de Salcedo busca actores

54
  • Trátase dunha iniciativa da Asociación Cultural Casa Verde que quere promover as actividades culturais na parroquia.
  • É un proxecto pensado para adultos que ensaiarán todos os martes, en dúas quendas, de 19.00 a 22.00 na Casa Verde.

Dende hoxe mesmo está aberto o prazo para inscribirse na Aula de Teatro da Asociación Cultural Casa Verde que está promovida pola mesma asociación, financiada polo Concello de Pontevedra e posta en marcha pola Compañía Nelson Quinteiro.

A proposta é anual e de balde. Consiste na creación de dous grupos: Un de 20 persoas para xogo teatral, teatro físico e movemento escénico que se impartirá na Casa verde os martes de 19.00 a 20.30 horas. Para esta parte haberá unha pequena audición dado que se precisan certas características físicas e de talento; a segunda das propostas impartirase o mesmo día, de 20.30 a 22.00 horas e será unha montaxe teatral e posta en escena para a que se escollerán a unas 25 persoas por rigorosa orde de inscrición.

Nesta segunda parte, a Compañía baralla a posta en escena da obra de Castelao “Os vellos non deben namorarse”.

A aula de teatro de Salcedo está pensada para adultos (a partir de doce anos) pero se require unha reserva de praza co pago previo de 20 euros, para garantir que as persoas que se inscriban estean realmente comprometidas co proxecto.

Os interesados poderán inscribirse e solicitar máis información no teléfono: 647 647 404

COMPARTIR