Noites Abertas… e xa van dezanove edicións

209
  • 97 actividades, 137 monitores/as, 9 fins de semanas…datos que falan do alcance do programa de ocio xuvenil do Concello
  • As actividades – dirixidas a mozos/as de 12 a 30 anos- son de balde e non precisan inscrición agás sete
  • Hoxe, ás 19.00 horas, xuntanza do monitorado de Noites Abertas, staff organizador, técnicos municipais e o concelleiro de Xuventude no Pazo de Cultura
  • Ibuprofeno Teatro e antigos monitorxs promocionarán a nova programación pola rúa e nos diferentes institutos

Todo listo. O próximo venres, 23 de febreiro arranca a XIX edición de Noites Abertas. O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, deu a coñer hoxe o programa que inclúe unha oferta de 97 actividades diferentes, impartidas por 137 monitores/as durante 9 fin de fins de semana, é dicir, 18 xornadas que se alongarán até o sábado 28 de abril.

Hoxe, ás 19.00 horas, o monitorado, o staff organizador, técnicos municipais de Xuventude e o concelleiro manterán unha xuntanza no Pazo da Cultura a modo de pistoletazo de saída do traballo que terán por diante.

“Para nós a mocidade é unha prioridade” subliñou Alberto Oubiña e polo elo, por segundo ano consecutivo, o Concello asume integramente, sen subvención ningunha, a organización das Noites Abertas”. Ten un orzamento de 86.000 euros.

Nesta edición participan 19 asociacións e clubs deportivos realizando 23 actividades; 15 empresas pequenas e locais (sobre todo autónomos) realizan 22 das actividades ofertadas e prestan 8 servizos e colectivos informais de mozxs e persoas novas a título individual, realizan 49 das actividades.

Entre as 97 actividades diferentes pódense atopar deportes, manualidades, bailes, xogos, actividades musicais, etc…

Para participar nas actividades só hai que ter entre 12 e 30 anos e querer pasalo ben os venres e sábados en Pontevedra. Toda a programación pode consultarse na web www.noitesabertas.gal

Máis unha vez, en colaboración coa Asociación Down Pontevedra “Xuntos”, Noites Abertas conta co Programa de Acompañamento no Ocio a Mozxs con Discapacidade Intelectual, o que permite formar un grupo con acompañante para acudir ás actividades e participar libremente. As persoas interesadas deberán contactar coa asociación no telf. 986 865 538

As actividades non requiren inscrición previa agás 7 actividades, que abrirán un prazo de PRE- INSCRICIÓN na web do programa:

  • – Ruta nocturna en kaiak polo río Lérez
  • – Paseo ambiental e observación de aves por Lourido
  • – Gran xogo Survival Zombie “Terra de Zombis”
  • – Observación astronómica “Un paseo pola Lúa” no observatorio de Cotobade
  • – Observación astronómica no miradoiro de Augasantas
  • – Roteiro cultural polo río Batán con chocolatada final
  • – Escape Music Room

Aínda así, o acceso a estas actividades será libre cando chegado o momento da súa celebración, quedaran prazas dispoñibles.

O programa mantén o seu compromiso co principio de igualdade entre mulleres e homes. A Comisión de Igualdade velará pola promoción de medidas de non discriminación supervisando o desenvolvemento das actividades e formando ao monitorado para que non se produzan actitudes ou contidos sexistas.

Por outra banda, esta semana terá lugar a difusión animada da nova programación a cargo de Ibuprofeno Teatro e antigxs monitorxs do programa. Dende hoxe e ao longo desta semana, promocionarán a nova programación por medio dunha intervención teatral e de animación nos diferentes institutos da cidade, así como no campus universitario e nas rúas e prazas da cidade.

Máis un ano, Noites Abertas tamén contará cunha moza que desenvolve un proxecto de community manager para dotar de contido, xestionar e administrar as actividades nas RRSS de Instagram Facebook así como da propia web do programa.

Máis información:

Concellaría de Xuventude – Concello de Pontevedra
Casa da Luz, praza da Verdura s/n 36002 Pontevedra Tel. 986 840367 noitesabertas@pontevedra.gal www.noitesabertas.gal

Depregabre NNAA