Lores leva o modelo Pontevedra ao Salzburg Global Seminar

115
  • Esta organización internacional desenvolve actividades en máis de 160 países e conta con máis de 36.000 persoas traballando nas súas redes de relación
  • Lores é o unico alcalde convidado para falar na sesión do SGS sobre “How Mayors Can Take the Lead” e compartirá espazo con Jonathan Gill, de Unilever e Sean Southey, de Media Impact
  • É o foro de prescriptores mundiais máis potente ao que foi convidado Pontevedra e servirá para catapultar o modelo urbano e tecer redes no mundo

Pontevedra estará con voz propia no Salzburg Global Seminar (SGS), “o foro de prescriptores mundiais máis potente no que nunca estivemos”, en palabras da concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. O SGS foi creado no ano 1947 por un grupo de ex-alumnos de Harvard coa misión “de desafiar aos lideres actuais e futuros para facer un mundo mellor”. Persoeiros como Wassily Leontief, Kofi Annan, Hillary Clinton, asesores dos presidentes Kennedy, Carter ou Clinton, figuras determinantes na historia contemporánea, foron colaboradores do Salzburg Global Seminar. Desenvolve actividades en máis de 160 países e conta con máis de 36.000 persoas traballando nas súas redes.

O alcalde Miguel Fernández Lores foi convidado a participar no foro “Parks for the planet. Nature and Childhood: From Research and Activism to Polices for Global Change” co fin de explicar como “fixemos para poñer en marcha un modelo como o de Pontevedra, que nos diferencia no mundo”. O encontro desenvolverase no Schloss Leopoldskron, do 6 ao 10 de marzo.

O alcalde -que viaxará a Salzsburg (Austria) coa concelleira Anabel Gulías- intervirá o mércores, 7 de marzo, no seminario “How Mayors Can Take the Lead?” para falar da transformación de Pontevedra, unha realidade que “é unha demostración práctica de que facendo política podemos facer cousas para mellorar a vida das persoas”, subliña Fernández Lores.

O único líder político vai a estar no foro é o alcalde de Pontevedra que vai a compartir mesa co Jonathan Gill, responsábel de Unilever, a maior empresa de comunicación do mundo, con máis de 400 marcas vinculadas e que moveu, o pasado ano, un volume de negocio de 52.000 millóns de euros e con Sean Southey, director executivo e CEO de Media Impact, compañía que lidera numerosas campañas internacionais polo cambio global.

“Falamos dun evento de transcendencia mundial e o único alcalde que vai a estar é o de Pontevedra” sinalou a concelleira Anabel Gulías quen agarda que un foro desta envergadura sirva para proxectar no mundo a Pontevedra e para establecer redes de colaboración de primeiro nivel.

O día anterior á sesión de traballo, o alcalde participará nun encontro máis informal no que se someterá a preguntas dos asistentes sobre os pasos dados para facer de Pontevedra o referente mundial e de cuestións como, do que se sinte máis orgulloso. Para esta cuestión  Fernández Lores ten unha resposta clara: “do que estou máis orgulloso e da percepción de que os pontevedreses e pontevedresas cada vez se senten máis orgullosos da súa cidade”. Tamén deixará claro no SGS dunha constación da experiencia-Pontevedra “o número de coches necesarios para que unha cidade funcione son moi poucos e compatibles cunha alta calidade urbana e de vida”.

O convite para o Salzsburg Global Seminar chegou ao Concello o 6 de febreiro. Tiveran coñecemento do feito na cidade de Pontevedra, da súa condición de referente mundial de mobilidade e calidade urbana a través de distintas publicacións internacionais sobre mobilidade, prensa e documentais e novas de televisións de Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, México e Corea.

SGS.Proposta     SGS

SGS. Programa