O Concello destina máis de 24.000 euros para as actividades escolares das Anpas

63

    • A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as bases das subvencións deste curso. Poderán solicitarse unha vez que saian publicadas no BOP

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as bases para a convocatoria de subvencións a asociacións de nais e pais dos centros educativos de Pontevedra mantidos con fondos públicos.

A contía é de 24.670 euros, tendo en conta que as asociacións poderán recibir un mínimo de 500 euros e un máximo de 2.000 euros para financiar os programas e actividades educativas durante o curso 2017/2018.

Poden solicitar estas axudas as anpas de infantil, primaria e secundaria. Non están incluídas nesta convocatoria as axudas para a Fanpa xa que teñen outra liña de subvención.

As anpas poderán pedir as axudas durante un mes a partir da publicación das bases no Boletín Oficial de Pontevedra.