O Concello detecta un rebrote nas rehabilitacións do centro histórico

28
    • Neste ano tramitánse cinco licenzas de reforma de edificios, e están pendentes tres autorizacións de primeira ocupación.
    • O centro histórico iniciou, tamén, un pequeno rebrote no número de habitantes, tendo en conta que os cascos vellos das cidades van perdendo residentes ano a ano.
    • Ao respecto do resto da cidade, están tramitándose 11 novos edificios, e pendente de entrar nas oficinas urbanísticas dúas promocións en Tafisa.

A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías fixo esta mañá seguimento do estado da construción de obra residencial na cidade, tanto no centro histórico como no resto da cidade. O balance do centro histórico coincide co aniversario en que o departamento de Urbanismo reforzou esta oficina para xestionar tanto as Áreas de rehabilitación integral como as tramitacións urbanísticas que se desenvolven neste marco espacial. De feito, dende a oficina trasladaron que no último mes achegáronse persoas interesadas tanto na merca e como na rehabilitación de edificios, tanto para uso residencial como hoteleiro.

Segundo os datos que obran na oficina do centro histórico, neste momento están en trámite 5 novas licencias de distintos edificios así como dous cambios de uso (de comercial a residencial) tanto na rúa Alta como en Manuel Quiroga.

Tamén están pendente de dar tres licenzas de nova ocupación doutros tantos edificios.

Ademais, tramitáronse 42 obras menores relativas a distintos trámites como reforma de cubertas, rehabilitacións de fachadas…

Ao respecto da ARI do centro histórico, o Concello está tramitando os proxectos da segunda anualidade, aprobada a finais de decembro, cunha contía conxunta de 935.371,36 euros. A primeira fase desta ARI tivo un orzamento superior aos 500.000 euros dos cales serviron para executar 93 actuacións diversas en edificios ou vivendas, e quedan pendentes 7 obras.

A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías explicou que se detecta un rebrote na edificación no centro histórico, ao igual que se detectou un incremento leve da poboación residente pasando de 2.092 habitantes en 2010, a 2.039 habitantes en 2015 a 2.062 habitantes a día de hoxe.

Unidades de actuación urbanística

En relación ao resto da cidade, os datos que obran na oficina de Urbanismo tamén amosan unha esperanzadora reactivación da construción na cidade.

Ademais da tramitación de dous novos supermercados, na rúa Oliva e na avenida de Lugo, pendentes o primeiro do informe municipal e o segundo de que a promotora envíe a información definitiva para a concesión da licenza, outras obras maiores foron:

    • Edificación na rúa Carrasqueira para restaurante  (entre rotonda de avenida de Lugo e San Amaro)
    • Dúas rehabilitacións na rúa Oliva para 4 vivendas e outra para 3 vivendas.
    • Edificio na UA-18 (Joaquín Costa con Doce de novembro) para 26 vivendas.
    • Edificio na UA 18 (Joaquín Costa con Doce de novembro) para 40 vivendas.
    • Edificio na UA 13 (esquina rúa A Estrada, cara Pintor Laxeiro) para 31 vivendas.
    • Edificio na UA 13 (esquina Pintor Laxeiro con Juan Carlos I) para 44 vivendas.
    • Edificio en Echegaray para 11 vivendas (fronte a entrada das antigas urxencias do ambulatorio).
    • Reforma de edificio na rúa Alemaña 44 para 3 vivendas.
    • Rehabilitación Riestra para 4 vivendas.
    • Edificio no Gorgullón (próximo á rúa do Muíño) para 6 vivendas. Neste caso son para vivendas turísticas. O Concello é moi estrito nesta normativa por iso só informa favorablemente edificios completos, como este que se propón, garantindo a convivencia nos edificios residenciais. De feito, a concelleira Anabel Gulías aplaudiu a esta iniciativa, totalmente novedosa na cidade.
    • Nas parcelas de Tafisa, o Concello está a tramitar o estudo de detalle dunha das parcelas na que se poderán construír arredor de 250 vivendas, e está á espera de que unha nova promotora presente a solicitude de licenza que xa ten solicitada no Concello.