Pontevedra, Porto e Norte de Portugal e a Mancomunidade do Salnés acordan unha promoción turística conxunta

39

O Concello de Pontevedra mantivo esta mañá coa Mancomunidade de Turismo do Salnés e da entidade pública Porto e Norte de Portugal para colaborar na promoción dos territorios galegos en Portugal, é a inversa. De feito, Porto e Norte de Portugal traerá a Pontevedra entre o 12 e o 14 de marzo un bus amosando a oferta turístico do norte do país luso.

A concelleira de Turismo, Anabel Gulías compartiu mesa con Marco Sousa, director do Núcleo de Gestao das Lojas Interactivas de Turismo-Departamento Operacional da Entidade Regional de Turismo do Porto e Norte de Portugal, así como de representantes da Mancomunidade do Salnés. Na reunión propúxose a sinatura dun protocolo de colaboración entre as tres institucións para tratar de fomentar a distintas  áreas nas que están interesados os tres. En concreto, apostan:

    • Pola promoción do Camiño Portugués, en concreto, pola variante espiritual feita pola costa.
    • Promoción no eido da gastronomía.

Ademais, abordaron a posibilidade de asinar convenios futuros para a promoción das terras galegas e de Portugal a través dos medios de comunicación locais.