O Salón ‘Mulleres de conto’ programa 8 exposicións, catro chegadas de México

25
  • ‘Pintacuentos’ que conta con obras de ilustradores mexicanos que visitarán a cidade, será inaugurada o xoves 5 de abril no Museo.
  • A partir do 2 de abril na Biblioteca Antonio Odriozola poderedes gozar de ‘Soños na gaiola’ de Manuel María, cedida pola Fundación Alexandre Bóveda.
  • A Sala de Exposicións e o Recinto Feiral, emprazamentos do propio Salón, acollerán as restantes mostras.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, desvelou esta mañá una parte importante da programación do Salón do Libro: a actividade expositiva que ten como protagonistas, a través da ilustración, ás ‘Mulleres de conto’, o fomento da lectura ou a importancia da lingua e a tradición oral asociada a ela.  Como novidade, ademais da participación de México como país convidado, o Sexto Edificio do Museo, acollerá por primeira vez, una das mostras do Salón “para facer que o mesmo se espalle por toda a cidade”,

Catro serán as mostras das que poderemos gozar grazas á colaboración do Ministerio de Cultura e Exteriores de México, empezando por Pintacuentos. Ilustración mexicana contemporánea, que instalaremos no Museo de Pontevedra con ánimo de que O Salón se expanda pola cidade e non concentre toda a súa actividade no Pazo.

Inaugurada o día anterior ao Salón – xoves 5 – na compaña dunha representación institucional chegada do outro lado do Atlántico e de Susana Pliego Quijano, Consejera Cultural de México en España,  recolle o traballo de 49 recoñecidos ilustradores e ilustradoras plasmado en 142 obras orixinais, moitas delas publicadas en libros infantís e xuvenís. Entre eles, están pezas de Gabriel Pacheco, Valeria Gallo ou Cecila Rebora, que estarán na nosa cidade durante parte do Salón e colaborarán en diferentes actividades, algunhas delas en torno a esta mostra.

Como parte da programación do embaixador da edición 2016 da FILIJ, o artista plástico, ilustrador de libros infantiles e xuvenís Mauricio Gómez Morín,  naceu este “inventario representativo do que se está a facer nestre intre no mundo da ilustración tanto os máis vellos como os talentos máis novos. De aí que se recopilen traballos pertencentes a artistas nados ao longo de 5 décadas, dos anos 40 aos 80. Dita exposición reflicte a calidade técnica, estética, formal e conceptual: de imaxinación e orixinalidade; de capacidade alegórica, simbólica e narrativa; de humor e divertimiento; de conversación e contrapunto co texto e a narración literaria; e de identidade, empatía e interlocución cos lectores nenos e adultos que expresan as obras dos ilustradores congregados.

Achegándonos novamente e para coñecer e dar a coñecer a variedade lingüística e a tradición oral de México, poderemos gozar de ’68 Voces’, xa instalada dentro do Salón. Varias foron as experiencias que animaron a Gabriela Badillo a crear este proxecto: a morte do seu avó maya e de todo o que canda el se perdía: linguaxe, historia, tradicións, costumes, etc. ver como en Yucatán as propias nais non ensinaba a súa lingua aos fillos por medo a discriminación etc, a motivaron a recopilar estes contos indíxenas, narrados na súa lingua orixinaria que retratan historias de tradición oral e tamén contos contemporáneos, reinterpretdos por ilustradores mexicanos/as.

Actualmente en México hai 364 variantes lingüísticas, clasificadas en 68 agrupaciós. A metade delas, atópanse nun estado de extinción acelerada. Algunhas como o Pai Pai, o Seri, o Yaqui, etc danse a coñecer xunto á súa tradición oral a través das ilustracións. Amosar a  diversidade como riqueza e fomentar o orgullo de pertencer a unha comunidade – indíxena neste caso- , chea de cultura e tradicións, son os obxectivos desta fermosa escolma.

O fomento da lectura é un dos obxectivos principais do Salón dende o seu inicio. Tamén o é para a FILIJ e por iso, dende hai 29 anos convoca o seu Concurso Nacional de Cartel “Invitemos a Leer” baixo a seguinte premisa: O cartel é o territorio onde convive a imaxe e o texto. Unha ilustración contundente cun discurso claro e sintético son recursos útiles para o fomento da lectura.

Dentro do Salón poderemos gozar do cartaz gañador da pasada edición titulado ‘Descubrir’ de Andrés López e preto de 20 propostas realizadas con diferentes técnicas, que foron seleccionadas entre as 298 participantes.

Karen Aguilar Martínez, Ilse Cristina Argüero Tejeda, Abraham Bonilla Núñez, Óscar Israel Carmona Núñez, Sandra Carmen de la Rosa González, Fernando Estrada Contreras, Herenia González Zúñiga, Israel Hernández Avilés, Andrés López Martínez, Gloria Pamela Medina Bautista, Estelí Meza Urbieta, Rosaura Muñoz Espinosa, Armando Rivas, Carolina Rodríguez Monterrubio, Daniela Soto Herrera, Bruno Valasse Levais, Horacio Leonardo Vázquez García, Román Villanueva Zurita,

https://ccemx.org/exposiciones/concurso-invitemos-a-leer

Rematan as achegas de México presentándonos ‘Kerenta Merced. Cultura en Resistencia’.

O Barrio da Mercé e o seu mercado son espazos fundamentais para entender a historia e a cultura actual da Cidade de México, cuxo centro histórico foi declarado no ano 1987 Patrimonio da Humanidade. Se consideramos que a comunidade, e especialmente os nenos, son o máis importante dese patrimonio, deberiamos coñecer e apoiar as accións dos espazos de desenvolvemento cultural infantil que existen na zona e especialmente de Keren´ Ta Mercé, un centro cultural que opera desde o ano 2013 dentro da nave maior do mercado e que está dirixido aos fillos dos locatarios. Os seus promotores principais son Raúl Mejía e a súa familia, aos que se achegaron numerosos universitarios, talleristas e institucións e profesionais da cultura. Despois de catro anos de vida de Keren´ Ta Mercé -enfrontando graves problemas de recursos e de espazos-, as nutridas actividades levadas a cabo tiveron efectos transformadores entre os nenos do mercado, mostrándonos o acertado do camiño elixido para o desenvolvemento e a defensa cultural dos habitantes do Centro Histórico.

Fotografías tomadas por Luisa Cortes, Alejandro medina, Herbey Morales, Magali Lopez e os propios nenos e nenas do Mercado.

A máxima expresión das ‘Mulleres de conto’ é o cartaz deseñado por Ana Villegas gañadora do 1º Concurso Internacional de Ilustración, convocado por Gálix (Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil) coa colaboración do Concello de Pontevedra, co fin de escoller a imaxe desta edición. Este traballo e os 12 fialistas, seleccionados de entre os 234 chegados de toda Galicia, o resto do Estado, Latinoamérica, Europa, Irán, etc. conforman esta exposición.

Ilustradores/as: Sofia Venzel (Rusia, foron escollidos os dous proxectos que presentou), Rocío Alejandro (Arxentina), Susana Suniaga (Venezuela), Diana Sofía Zapata (Ecuador), Inge Nouws (Holanda), Pablo Balzo (Chile), Cristian Turdera (Arxentina), Tiiu Kitsik (Estonia), Adolfo Serra (España), Yolanda Mosquera (España) e Camilla Zaza (Italia).

E no Salón das ‘Mulleres de conto’ non podían faltar elas: As ‘Pioneiras. Galegas que abriron camiño’.  Ese é o título do libro de Anair Rodríguez editado por Xerais e ilustrado por Nuria Diaz. Isabel Zendal, Elisa e Marcela, Ángeles Alvariño, Celia Rivas son algunhas das 12 mulleres que atoparemos dentro desta exposición: Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

Dende hai anos non falta na Sala o traballo do alumnado do Máster de Ilustración da Universidade de Vigo. Este ano a exposición ‘MI (Master Ilustra) versará este ano sobre os retratos de mulleres escritoras e figuras femininas de conto, coñecidas e non tanto. Unha escolma de máis de 20  retratos ilustrados de estilo decimonónico acompañados de datos biográficos e anécdotas de vida e obra de xeito visual

 Para rematar, poderemos gozar na Biblioteca Antonio Odriozola, a partir do día 2 de abril e grazas á Fundación Alexandre Bóveda de ‘Os soños na gaiola’, una mostra baseada no libro de Manuel María, composta por 12 ilustracións de mulleres.