Catorce empresas presentan oferta para reformar a rúa do Gorgullón

24
  • É unha obra que estará financiada cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
  • Todo o proxecto ten un custe de 1,5 millóns de euros e permitirá mellorar a entrada do Camiño de Santiago na cidade.

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra reuniuse esta mañá para iniciar o proceso de adxudicación da reforma da rúa Gorgullón por valor de 1.554.055,03 euros. Esta obra estará financiada con cargo aos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

As empresas que se presentaron a este proceso de licitación son:

    1. Construcciones Fechi
    2. Coviastec
    3. 03 – Manuel Novoa Castro
    4. Elsamex
    5. Xestión ambiental de contratas
    6. PRACE – Excavaciones Manuel Rodríguez
    7. Oresa
    8. Explotacións medioambientais S.L.
    9. OVISA
    10. COVSA
    11. E.C. Casas
    12. Naturgalia – SYR AMG
    13. Nexia
    14. Ediserpo – Ogmios

O propósito da intervención na rúa Gorgullón, é pór en valor o Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade A actuación prevista cumpre unha dobre función: estender a calidade ao borde da cidade o que redunda na calidade de vida da veciñanza e difundir o modelo Pontevedra xa que O Gorgullón serve de entrada aos camiñantes da ruta xacobea portuguesa.

O proxecto da reforma do Gorgullón inclúe:

    • Plataforma única co tránsito restrinxido á veciñanza e o comercio, sen estacionamentos como nas rúas Michelena ou Peregrina
    • Invértese o sentido de circulación -pasará a ser sur-norte-; dúas vías transversais quedan en dirección a Eduardo Pondal -Moa e Travesía Eduardo Pondal- e peonalízase a rúa do Muíño que salvará a pendente con escaleiras.
    • O Camiño de Santiago quedará sinalado cunha cor e pavimento diferenciados entre calzada e beirarrúas e luces led no chan semellantes ao centro histórico.
    • Renovarase o alumeado con farolas led e redistribuiranse os puntos de alumeado.
    • Aproveitarase a obra para mellorar e incorporar novos servizos. Está previsto ampliar a rede de auga potábel, completar o separativo de augas pluviais e fecais e instalar unha rede eléctrica novas.

Entre os elementos singulares do proxecto están:

    • Crear unha pantalla vexetal con pereiras de flor -Pyrus Celleriana- para agachar as traseiras dos edificios e gañar en calidade urbana. O arborado complétase con Gyngko bilobas na praza da entrada.
    • Rúa do Muíño. Quedará completamente peonalizada. Para salvar a pendente converterase nunha escalinata atravesada por unha rampla para garantir a accesibilidade.
    • Praza en Eduardo Pondal. Nova zona de estancia con arborado (Gyngkos), mobiliario e novo pavimento. Substitúese o muro actual contra O Gorgullón por bancadas.
    • Praza na cabeceira da avenida da Estación. Cambiará o entronque coa avenida da Estación que deixa de ser perpendicular para mellorar a accesibilidade e co fin de mellorar tamén a conexión coa senda do Gafos.

En definitiva, a operación proposta consiste en acondicionar o Gorgullón para convertila nunha vía de uso prioritario peonil e en plataforma única. Eliminaranse os pavimentos actuais, poranse outros novos na plataforma única, renovaranse todos os servizos, e instalarase novas luminarias, arborado e o mobiliario necesario. Tamén reducirá a circulación motora e mellorarase a accesbilidade nunha rúa bastante deteriorada e con moitos sobreanchos.

Polo tanto, esta operación redundará na mellora do desenvolvemento sostible da zona. Ademais, contribúe a acadar os obxectivos previstos no Programa Operativo de crecemento sostible FEDER 2014-2020 e os obxectivos da Estratexia DUSI Máis modelo Pontevedra.