Reforzarase o carácter peonil da rúa Cruz Gallástegui cun novo pavimento e zonas de estancias

153
  • Covsa asume o repavimentado após de analizar os problemas xurdidos no asfaltado feito na reordenación da rúa e acadar unha solución para corrixilos
  • Os traballos comezarán o 16 de abril e executaranse nunha semana

O Concello vai a reforzar o carácter peonil da rúa Cruz Gallástegui, aproveitando o comprometido reasfaltado da calzada que comezará o próximo 16 de abril. O concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gomez, avanzou que os traballos de reposición do firme darán pé a dúas actuacións que profundarán no modelo urbano.

– igualarase (no posible) a cor das beirarrúas e a calzada e poranse ao mesmo nivel, desdibuxándose o espazo reservado ao paso dos vehículo.
– crearanse zonas de estancia entre as árbores para que os veciños e veciñas poidan ocupar o espazo público con comodidade.

COVSA, responsable das obras de renovación da rúa, asume o reasfaltado de Cruz Gallástegui co fin de corrixir os problemas de mantemento xurdidos co pavimento, O concelleiro Demetrio Gómez quixo romper unha lanza ao seu labor ao explicar que utilizárase un pavimento novo e a empresa estivo investigando as causas de que o resultado acadado non fose satisfactorio. Concluíu que precisaba unha determinada temperatura ambiental para realizar os traballos e que a utilización de resina en pastilla non é o estado idóneo polo que desta volta utilizará resina líquida.

Os traballos de reasfaltado e para profundar o carácter peonil de Cruz Gallastegui comezarán a mediados de abril, o día 16, para tratar de garantir as condicións ambientais precisas e terán unha duración de arredor dunha semana.